Saltar navegación.
Inicio
Narón (A Coruña)

Golpe de estado musical no Nadal británico

 

Ángel Carrera, 22/12/2009

O lugar do mundo onde se toman máis en serio as listas de vendas musicais é o Reino Unido. E a semana onde as vendas son máis importantes é loxicamente a de Nadal. Levaban varios anos consecutivos no que esta semana triunfaba o triunfito de turno de Factor X (en España houbo unha versión deste programa televisivo, aínda que non tan popular como a moi similar Operación Triunfo). Pois ben, nas últimas semanas de 2009 houbo unha rebelión tramada polos fans de Rage Against the Machine, que tras facer un chamamento por Internet, acadaron esmagar a música prefabricada de Factor X chegando ao número 1 das listas navideñas do Reino Unido, cunha canción que Rage Against the Machine publicara xa en 1992: "Killing in the Name". Eu vira a este grupo en directo hai moitos anos e pareceume un concerto brutal (todos temos un lado salvaxe); a súa última trasnada éncheme de felicidade.

And now you do what they told ya, now you're under control

Non puiden controlarme, Ángel. Visito asiduamente a vosa páxina (será morriña??), pero limítome a chusmar un pouco. Hoxe cando vin que colgaras o vídeo de Rage Against The Machine sentín que tiña que felicitarte. Que grupazo!! A min tamén me lembra unha etapa algo menos acomodada que a actual. Aínda podo verme bailando e berrando "fuck you, I won't do what you tell me!! Motherfucker!" (como molan estas sutilezas, eh?)
Un bico para todos vós, e segue a soltar algunha que outra perla destas.
Bo nadal.
Delmi

Esa Delmi !!!!

Guaaaaau Delmi!!

Levabamos moito sen saber de ti, pero volviches escopetada bruscamente grazas ao rock and roll! Non pensei que alguén puidera comprender o meu primitivo arrebato con Rage Against The Machine, así que acabas de alegrarme o día.

Grazas, grazas, grazas... e longa vida ao rock and roll !!

Tamén celebro que unha profe de inglés saiba apreciar estas delicadas letras, jeje.

Feliz 2010!

Ángel

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.es
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com