Saltar navegación.
Inicio
Narón (A Coruña)

Cucurrucucú...

 

26/06/2009

Botaremos de menos a afiada pluma da colaboradora máis musical da nosa web; Paloma cambia de rumbo e vaise a vivir ao sur de Galicia. Ilustramos esta pequena homenaxe con dúas versións da eterna "Cucurrucucú Paloma": a de Pedro Infante e a máis recente de Caetano Veloso.

Sorte no teu novo destino, Paloma!

Visitaremos de vez en cando a web do teu novo centro para saber que estás argallando.

 

P.D. A petición de Paloma, engadimos o seu vídeo de agradecemento a continuación. "Unha canción preciosa dunha cantante única e confiemos que irrepetible. Que non se diga que non me preocupei pola música no Feal ata o último momento." - Paloma García.

 

Achuchón para unha que vai dedicarse a cultivar a horta

Son dunha xeración na que iso das tic, tan só era o son do despertador que te adormecía na noite e, ademais, eu, por natureza, prefiro as distancias curtas e non facer desnudos públicos, pero como hai que poñerse ao loro, atrévome a escribir unhas palabriñas de alento e agradecemento á moza que nos deixa. "...No se trata de SABER sino de SABOR. Saborear la vida, sentirla en el paladar. Paladear con el cielo de la boca..."¿ Te das cuenta del prodigio del lenguaje?. ¡Llevamos el cielo en la boca!. Grazas por tenderme unha man nos momentos chungos.

PD: As palabras son extraídas do libro de J.L. Sampedro "La senda del drago". Se tes tempo, non ten desperdicio.

Agradecementos

Grazas a todas e a todos polas vosas palabras, tanto na web como en vivo e en directo. Grazas a toda a xente coa que convivín estes sete anos. Xa que a outra noite na cea esquecinme, fágolle unha última petición a Ángel, unha canción preciosa dunha cantante única e confiemos que irrepetible. Que non se diga que non me preocupei pola música no Feal ata o último momento.
Bicos.

moitiiiiiiiiiiisima sorte!

 

       Quero desexarche de todo corazón que teñas no teu novo centro vivencias e amistades tan boas como as que te levas do Feal. O teu "discurso" a noite da cea, rememorando os primeiros tempos no centro e as impresións que te causaran os compañeiros, tiña baixo ese ton de humor teu, unha emotividade tremenda, a min chegoume adentro e supoño que a eles máis.

       Coida moito esa maciñeira tan feita para que nos recordes sempre e, por suposto, seguemos a esperar esa primeira colleita de rabaniños....Non olvides pasar a visitarnos cando teñas ocasión e nós, tal vez poidamos achegarnos a verte o ano próximo (espero que esta vez non sexa misión imposible....!).

       Botareite en falta! BICOS. 

    

 

ehhh!!! non vos poñades tráxicos

ehhh!!! non vos poñades tráxicos, que esta non marcha, q pasa a mellor vida (no sentido literal, que conste). Ademais, ídela esquecer deseguida, porque queda unha substituta que vos vai dar moito que roer. Felicidades, Paloma, e moita sorte. E a estes non lles fagas caso, q sonche unha panda de luras que só te queren para traballar. :-D
Bicos para ti e condolencias para os que quedades, juas juas. ;-)

Hai que ir ao sur

Di que si Delmi. Ti eras outra importante colaboradora musical desta web e probablemente tamén marches para o sur de Galicia. Non sabedes a envidia que me dades as dúas... xa o dicía Rafaela Carrá:

http://www.youtube.com/watch?v=G5Y6uFjEYBM

Botareivos moito de menos, pero dou por feito que seguiredes escribindo nesta web. Bicos e seguímonos despedindo esta noite...

Angel

Chao, Paloma

OLA. Pois aínda que me alegro porque che deran o destino desexado, botareite de menos: pola túa tranquilidade, a túa dilixencia na secretaría, a túa fina ironía e o teu humor, e, sobre todo, a túa discreta atención e moitos detalles que fixeron que me sentise ben.Grazas por todo. Espero que te coiden moito alá polo sur e senón, xa sabes, volta para O Feal. Bikiños.MAR (Non esquezas seguir colaborando con esta páxina, eres parte importante dela.) 

Cucurrucucú

Grazas, grazas, grazas. Din que partir é morrer un pouco. Non creo que sexa para tanto pero botarei de menos moitas cousas e a moita xente. Tamén espero, se mo permite Ángel, colaborar de vez en cando dende o sur. Bicos a todas e a todos. Vémonos.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.es
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com