Saltar navegación.
Inicio
Narón (A Coruña)

Xornadas Aéreas de Narón 2008

Xornadas Aéreas 2008

25/08/2008

Os pasados 23 e 24 de agosto tiveron lugar as V Xornadas Aéreas organizadas polos nosos amigos do Club de Aeromodelismo de Narón. Durante os obradoiros do pasado Entroido, estiveran dous representantes do club no Feal (Alberto e Joaquín) e quedamos moi agradecidos, aínda que a choiva non permitiu unha exhibición no patio. Esperamos seguir colaborando con eles.

A aerofesta de 2008 foi un éxito unha vez máis, aínda que o domingo houbo que esperar un pouco a que mellorara o tempo. De momento, só podemos poñer un enlace ao espectacular vídeo da aerofesta de 2007.

Podedes ampliar a información na páxina web do club e consultar a situación da pista de Pedroso aquí. Aínda que só hai festival unha vez ao ano, podedes achegarvos á pista calquera fin de semana, que seguro que hai actividade.

Enderezos electrónicos

  • Equipo directivo: cpi.feal@edu.xunta.gal
  • ANPA: o.buxato.anpa.o.feal@gmail.com
  • Coordinación da web: web.feal@gmail.com