Carreira Popular de Mondoñedo

Powered by emaze

Felipe Barata

Despois de máis de ano e medio de ausencia das carreiras populares a causa da pandemia da Covid 19, volvíamos a unha proba que tanto gusta ós nenos e nenas do club. Mondoñedo era a vila que albergaba unha das primeiras citas da tempada, que esperemos sexa xa normal en canto a este tipo de actividades. Así, máis dunha ducia de representantes do club do colexio estiveron presentes na fermosa cidade mindoniense, onde se lograban un total de catro pódiums.

Así, na categoría sub 14, Mateo Villar lograba a segunda posición, mentres que Ramón Loureiro entraba no terceiro lugar. Pola súa parte, Mateo Aguiar conseguía a segunda posición na proba sub 16 e Martín Díaz se encaramaba ó terceiro chanzo do pódium na proba sub 12 Tamén tomaron parte na proba Mateo e Lucas Lage, Iria Díaz, Manuel Lage, David Viña, Ada Ceide, Sabela Menán, Roi Andón, Alba Menán, Borja Arias, Mara Montes, Ohiane Gómez e Mariña Aguiar.