Campionato Galego Sub-14 Pista Cuberta. Ourense

Powered by emaze

Felipe Barata

Un total de sete atletas do noso club estiveron presentes no Campionato Galego de pista cuberta para a categoría sub 14 disputado en Ourense. Debido ás limitacións causadas pola pandemia do Covid-19, non todos os nosos representantes tiveron ocasión de tomar parte no máximo evento invernal do atletismo, pero os que estiveron na cidade das Burgas tiveron un gran comportamento.

Así a máis destacada foi Oihane Gómez, que conseguiría a condición de finalista, ó rematar no oitavo posto na proba dos 80 metros valos, onde facía un gran tempo de 11.26, gañando a súa serie e mellorando en case un segundo a súa mellor marca persoal. Tamén na proba dos 60 metros valos, Noa Mouriz remataba no décimo segundo posto cun tempo de 11.81, mentres que Ariadna Paz se facía co décimo oitavo lugar na mesma carreira, onde finalizaba cun tempo de 12.13 segundos e Mara Montes acababa no vixésimo oitavo posto cun tempo de 13.04 segundos. Tamén na disciplina dos 60 metros valos, Mateo Sánchez remataba no vixésimo primeiro lugar marcando un crono de 13.11 segundos na liña de meta.

Xa na velocidade pura, nos 60 metros lisos, Mateo Sánchez remataba no lugar 51 cun tempo de 9.54 segundos.

Polo que respecta a proba feminina dos 60 metros lisos, Ohiane Gómez finalizaba no posto 25 con 9.22 segundos, Ariadna Paz no posto 60 con 9.74 segundos e Zeltia Magide remataba no posto 65 con 9.99 segundos.