Skip to Content

Educación Física, Física e Química, Francés, Matemáticas, Orientación, Xeografía e Historia, Inglés, Música, CC. Naturais/Bioloxía, Lingua Galega, Lingua Castelá, Artes Plásticas, Tecnoloxía, Relixión Católica, Aula de Informática

Visita a Santiago do alumnado de 4º ESO

Organizada polo departamento de Xeografía e Historia, o alumnado de 4º de ESO realizou unha visita guiada pola cidade de Santiago, cos comentarios da Profesora Mónica Vilariño, con paradas no Parlamento, Catedral e Museo do Pobo Galego. Podedes ver a galería de fotos premendo no enlace desta foto.

4º ESO: Estrutura da materia: Quarks

Nesta paxina do museo de ciencias de Coruña explicanos a existencia de novas particulas subatomicas e como os fisicos estudian e traballan con elas.

4º ESO: Actividades sobre "A orixe da vida e a súa evolución"

Unidade 5: A orixe da vida e a súa evolución (preme na seguinte ligazón):

Actividades interactivas sobre Evolución: fai as seguintes actividades:

- Introducción ás teorías evolutivas: nº1

- Teorías evolutivas: nº 10 (consultar a presentación antes de contestar o test de 25 preguntas) e nº 11.

- A orixe da vida: nº 23 (inclúe o vídeo "Como empezo a vida?" na diapositiva nº 20, que é importante ver), 25 e 26 (tamén cunha ligazón co video "Como empezo a vida?"). 

 - Mecanismos evolutivos e formación de novas especies: nº 12-13-14-15-16.

- As probas da evolución:nº 2 (non é imprescindible ver os 8 vídeos que aparecen nas diapositivas 28 e posteriores da presentación en PowerPoint, pero recoméndovolos, pois son moi interesantes...) e  nº 3-4-6-8-9.

- A evolución humana: Facer as actividades nº 17-18-19-20-21 e 22 (segue as indicacións do profesor)

FONTE: Actividades interactivas do IES Suel de Fuengirola (Málaga)

4º ESO: Temáticas sobre Evolución para os post do Blogue CLIMÁNTICA

ARTIGOS (Posts) no BLOGUE CLIMÁNTICA sobre EVOLUCIÓN:

Elaborade un artigo sobre as temáticas tratadas na unidade 5 (Evolución dos seres vivos).

Algúns dos temas que vos suxiro para os "posts" son:

  • Hipóteses sobre a orixe da vida (en xeral ou ben centrándose nalgún aspecto concreto ou chamativo dalgunha delas).
  • Referencias biográficas de Darwin, a sociedade na época de Darwin...
  • A viaxe do Beagle (en xeral ou algunha anécdota ou feito curioso ou chamativo).
  • A adaptación ó medio e a evolución (en xeral ou algún exemplo concreto de adaptación que sexa chamativo ou curioso...).
  • A biodiversidade (importancia de conservar a biodiversidade, algún exemplo de amenazas á diversidade...).
  • Relación entre a clasificación dos seres vivos (os cinco Reinos) e á evolución.
  • Exemplos de especies importantes nos estudios da evolución (elos perdidos e fósiles vivientes): o archaeopteryx, o celacanto, o okapi, os peixes pulmonados, os fentos arborescentes, a árbore "Ginkgo biloba"...
  • Que son os "elos perdidos" na evolución dos homínidos?
  • Onde e cando apareceu a especie humana (Homo sapiens)?
  • Cal vai ser o futuro da evolución da especie humana?

Buscade información consultando as ligazóns "Ciencia para todos" e "Blogues científicos" que tedes nos menús da dereita do noso BLOGUE CLIMÁNTICA, ou en outras páxinas web sobre evolución que atopedes, e non só en WIKIPEDIA ou GALIPEDIA.

Accede ao BLOGUE CLIMÁNTICA de Bioloxía e Xeoloxía do CPI de Vedra premendo AQUÍ.

Visita a galeria de fotos da Viaxe Fin de Estudos de 4º ESO

Consulta na "GALERIA" o álbum de fotos da Viaxe fin de Estudos de 4º de ESO a Cataluña.

Preme na foto -->

Materiais didácticos de 4º ESO: A xenética e o ser humano

UNIDADE 4: Materiais didácticos

Podes descargar nos arquivos adxuntos os seguintes arquivos PDF:

1) Guión da unidade

2) Gráfico 01: mapa cromosómico humano e as enfermidades hereditarias

3) Gráfico 03: Producción dun organismo transxénico

4) Comentario de texto 04: Biotecnoloxía e medio ambiente

Blogue CLIMÁNTICA de Bioloxía e Xeoloxía

Preme AQUÍ para acceder a Blogue CLIMÁNTICA de Bioloxía e Xeoloxía do CPI de Vedra.

Banner Climántica

A VIAXE DE SAID

Curtametraxe musical de animación de plastilina que narra a historia dun neno marroquino que cruza o Estreito. Ao outro lado, no país das oportunidades, descobre que o mundo non é tan belo como lle tiñan contado.

MATERIAIS DIDÁCTICOS DE 4º ESO: A herdanza dos caracteres

UNIDADE 3: Materiais didácticos

Podes descargar nos arquivos adxuntos os seguintes arquivos PDF:

1) Guión da unidade

2) Gráfico sobre ligamento cromosómico e recombinación xenética

3) Imaxe: Cariotipos con dous exemplos de mutacións cromosómicas

4) Comentario de texto: Morgan e a herdanza ligada ao sexo

5) Ficha de traballo IV: A herdanza ligada ao sexo

Distribuir contido


by Dr. Radut