Skip to Content

Novas

BOAS NOVAS DESDE MONTANA (USA)

A antiga alumna do CPI de Vedra, ROSA VEIGA OTERO, cursa durante este curso 2012/2013 os estudos equivalentes ao 1º de Bacharelato no CAPITAL HIGH SCHOOL da cidade de Helena no estado de Montana en Estados Unidos de América. Recibimos con ledicia novas dos seus éxitos neste instituto, pois nos dous trimestres que leva alí acadou a cualificación de Matrícula (Nota: 4.0 en USA) e aparece no cadro de honra do instituto no nivel de Juniors, como destaca a prensa local de Helena "Independente Record".

http://helenair.com/lifestyles/community/article_d4c43184-3538-11e2-8eac-001a4bcf887a.html

http://helenair.com/lifestyles/community/school-news-feb/article_4f14df80-71be-11e2-ae58-001a4bcf887a.html

Rosa é a segunda alumna do CPI Plurilingüe de Vedra, no prazo de 5 anos, que acada unha Beca High School da Fundación Barrié de Maza - Amancio Ortega para estudar en Estados Unidos, con todos os gastos pagados. A anterior alumna foi MARTINA FREIRE MOURE que estudou no High School de Austin Texas, no curso 2010/2011. Houbo ademais unha terceira alumna preseleccionada no curso 2011/2012, que finalmente renunciou á beca. Son algunhas mostras dos bos resultados académicos que se conseguen grazas ao esforzo individual, un bo apoio familiar, e á formación impartida no CPI de Vedra.  Podemos ver a Rosa durante as clases de Plástica e Matemáticas nas seguintes imaxes.

Preme nas imaxes para ampliar.             

Distribuir contido


by Dr. Radut