Skip to Content

Vedra medra. Camelias para Rosalía

Vedra medra. Camelias para Rosalía

Para celebrar o Día de Rosalía e a Festa da exaltación da camelia 2020, o CPI de Vedra presenta a peza "Camelias para Rosalía" sumándose así ao festexo local.

Vedra medra vén colaborando habitualmente con asociacións culturais e entidades vedresas en actuacións de dinamización na contorna e esta é unha contribución máis.

A coincidencia no tempo das dúas festas levounos a deseñar unha proposta en honra da escritora utilizando como base a flor de Vedra por excelencia, a camelia, en cuxos pétalos inserimos poemas de Cantares Gallegos e de Follas novas. Acompañamos o cartel dunha gravación dos textos rosalianos utilizados.

Participaron en "Camelias para Rosalía" os/as alumnos/as de 1º e 2º da ESO desde a materia de Lingua Galega. A rapazada de 2º ESO encargouse da lectura, gravación e música da peza que acompañará o cartel e que formará parte da exposición que terá lugar o vindeiro 23 de febreiro en Sta. Cruz de Ribadulla.

Xulia Marqués

Coordinadora de Vedra medra

Ver + fotos

 



story | by Dr. Radut