Guia de usuario Aula Virtual

Sitio: Aula virtual
Curso: Aula virtual
Libro: Guia de usuario Aula Virtual
Impreso por:
Data: Domingo, 16 de Xuño de 2024, 17:12

1. Manual usuario da aula virtual - Alumnado e familias

O primeiro que terás que facer é entrar na aula virtual:

https://www.edu.xunta.gal/centros/cpicruzsar/aulavirtual/

Para entrar nos teus cursos poderás facer dúas cousas:

1.- Buscar o teu curso a través dos cursos de primaria ou ben a través do teu departamento en secundaria.

inicio

No momento que o atopes, fai clic para entrar e pedirache o teu usuario e contrasinal. Xa poderás acceder aos diferentes cursos e materias.

2.- Busca arriba á dereita Acceso.

Introduce os datos de usuario e contrasinal que che facilitaron na clase.

No apartado Cursos poderás ver aqueles cursos aos que tes acceso.

2. Recursos tipo da aula virtual

index

A imaxe que ves arriba é un exemplo tipo dalgúns dos recursos que pode haber nunha aula virtual. Poderás atopar:

  • Unha descrición e/ou imaxes sobre a materia ou o contido a traballar.
  • Ligazóns ou acceso a documentos tipo PDF ou editables coma WORD (.docx), ODT (LibreOffice), presentacións (.ppt ou .odp), imaxes (.jpg),... que ao facer clic nestes apartados poderás ver os documentos en cuestión. Posteriormente poderás gardalos e modificalos se é o caso.
  • Cartafol ou carpeta, onde poderás acceder a 1 ou varios documentos coma no caso anterior. O feito de estar en carpetas ou cartafoles pode ser útil para organizar ou visualizar de xeito ordenado diferentes documentos.
  • Ligazóns ou enlaces a páxinas web.
  • Apartado para envío de tarefas. Nestes apartados, o profesorado solicitará que o alumnado envíe tarefas, traballos,... sobre un tema concreto.

3. Como enviar unha tarefa

Neste apartado tentaremos amosar como escanear e como facilitar o camiño para enviar tarefas.

1.- Fai clic no apartado para enviar tarefas:

01

2.- Facemos clic en Engadir entrega para poder adxuntar o noso traballo.

02

3.- No seguinte apartado terei que engadir o arquivo ou traballo a entregar. De ser o caso podería enviar máis dun ficheiro.

3

4.- Temos que buscar no noso dipositivo (tablet, ordenador,...) o traballo a enviar. Ollo que temos que facer dous pasos. No primeiro teremos que premer en Enviar un ficheiro á esquerda. O segundo paso é facer clic en Seleccionar archivo para buscar o noso traballo.

4

5.- Unha vez cargado o noso traballo, dámoslle a Enviar este ficheiro. Deberá aparecer o noso traballo como se ve na imaxe (apartado 1) e posteriormente facemos clic en Enviar este ficheiro.

5

6.- Cando remate de subir o noso traballo deberíamos ver algo semellante a isto. O noso arquivo aparecerá no cadro branco. Para que o noso traballo quede na aula virtual debemos facer clic en Gardar os cambios.

6

7.- Por último poderemos comprobar que a nosa tarefa está enviada. Se nos equivocamos, temos que modificar o traballo enviado poderemos repetir o proceso para facelo.

7

4. Como preparar o meu traballo para enviar as tarefas

Á hora de enviar un traballo ou tarefa que me envían pódense dar dúas situacións principalmente:

  1. Teño que preparar un traballo escrito a ordenador/tablet, unha presentación,... Neste caso con ter este arquivo/traballo feito xa o podo enviar no apartado correspondente. Pode ser que o teña que enviar convertido en formato pdf. Neste caso, e dependendo da aplicación terei que comprobar se a aplicación me deixa Exportar a PDF, Imprimir como CPF ou Gardar como PDF.  A maior parte das aplicacións permitirán algunha destas tres opcións.
  2. A segunda opción, é que fixen un traballo na libreta/folio e teño que envialo. Para isto ten en conta algunha destas propostas (fai clic na imaxe para ver máis grande):

tarefa

Ademais pode ser que teñas que converter esta imaxe nun pdf. Para iso deixámosche un par de enlaces para que poidas ver como facelo, dependendo do dispositivo que teñas:

Tamén pode darse o caso que teñas que traballar sobre un documento pdf ou imaxe que che envían. Para isto hai varias opcións. Algunhas tablet/móbil dispoñen de aplicacións propias para isto. En caso de non poder instalar ningunha app poderás empregar esta web que che facilita este recurso:

Para calquera dúbida ou aclaración ponte en contacto coa persoa á que lle tes que enviar os traballos ou tarefas.