Skip to Content

Centro

Participación do CPI Plurilingüe O Cruce na EU Code Week

O alumnado de 3º ESO de Educación Dixital participou no mes de novembro na EU Code Week cunha actividade que consistiu en deseñar e construir taboleiros Bee-Bot para o alumnado de 6º de Educación Infantil e 1º de Educación primaria. 

Invasión zombi no CPI O Cruce

Este artigo foi empregado para introducir un xogo de escape de Samaín que fixemos co alumnado de ESO na tarde do martes 31 de outubro. No xogo desenvolvemos actividades de: lóxica, retos lingüísticos, matemáticos, puzzles, tangram, origami, música, arte e moito máis, podedes ver máis fotos no Instagram co Club de Ciencia.

 

Esta tarde de martes 31 de outubro no CPI Plurilingüe O Cruce está sendo algo complicada... Mentres o profesorado estaba comendo castañas do magosto e o alumnado ultimando detalles dos disfraces de Samaín, un feixe de zombis chegaron a Cerceda e asaltaron o recinto do cole invadindo algúns dos seus espazos. Os xornais xa publican a fatal noticia...

Participamos na Open Science 2023 en Cambre

Comezamos o curso coa participación na Feira científica Open Science 2023 que se celebra anualmente no mes de setembro e na que se dan cita centros educativos, universidades, asociacións e científicas e científicos tanto do panorama nacional coma do internacional. Podedes ver imaxes e videos da feira nas historias destacadas do noso perfil de instagram de Ciencia o Cruce.

Máis información | Open Science Cambre

Formámonos en compostaxe co proxecto Res4VALOR

O pasado venres 14 de abril o alumnado de 2º ESO participou nunha charla sobre compostaxe impartida por Sogama en colaboración co Concello de Cerceda no marco do programa Res4VALOR. Aprendemos todo o necesario para poñer en marcha o noso composteiro que instalaremos nos vindeiros días para tratar de producir o noso propio fertilizante a partir dos residuos orgánicos, xerados a partir das merendas nos tempos de lecer, para abonar os cultivos do horto escolar do centro.

Día mundial da auga 22 de marzo

Mural dia auga elaboracion

O mércores 22 de marzo conmemoramos o día mundial da auga, traballando nas aulas con actividades de sensibilización para fomentar un consumo responsable e o alumnado de 2ºESO A elaborou un mural no que se pon de manifesto que cada pinga de auga conta. Para iso contou coa colaboración do alumnado de infantil e primaria xa que cada estudante desas estapas pintou a súa propia pinga e se foron pegando todas xuntas ao longo da mañá.

Podcast do 8M Día da Muller

Co gallo da celebración do Día da Muller, o vindeiro mércores 8 de marzo, o equipo de biblioteca do centro entrevistou na radio escolar do CPI Plurilingüe O Cruce a dúas mulleres de Cerceda: María e Marta de edades diferentes. Falaron de estudos, traballo, sociedade no seu conxunto... reflexionando sobre os tempos de antes e os de agora no día a día das mulleres, esperamos que vos guste e que sirva como punto de partida de bos debates o podcast que elaboraron e que compartimos a continuación:

Grazas ao equipo de biblioteca polo seu traballo e a Marta e María por visitar a nosa radio e por compartir con nós as súas vivencias.

Dispoñibles para descarga os datos da nosa estación meteorolóxica

A estación meteorolóxica do centro comparte os datos en tempo real na nube e podedes acceder a eles premendo nesta ligazón.

Unha vez dentro, premendo en "Ver más datos" podedes acceder a históricos diarios, semanais e menuais, representados graficamente, que permiten facer comparacións de magnitudes físicas de interese meteorolóxico de forma sinxela.

Máis información | Weather Cloud

Distribuir contido


by Dr. Radut