Admisión 2020/2021, Restablecemento do procedemento do 11 ao 18 de maio

Restablecemento do procedemento de admisión para alumnado de nova incorporación ao centro dende o 11 ao 18 de maio de 2020.

Recoméndase facer a solicitude a través da Aplicación Admisionalumnado:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Cursarase unha única solicitude, na que se pode por ata 6 centros por orde de preferencia.

Documentación:

  • Solicitude en caso de presentación física asinada polos dous proxenitores (ver documentos anexos).
  • DNI do alumno/a e/ou libro de familia.
  • Certificado oficial do expediente académico, no seu caso.
  • Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, no seu caso.
  • Cando deneguen a consulta dos datos, copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar.

Prazos:

  • Presentación de solicitude: 11 ao 18 maio
  • Publicación de listaxes provisionais: 29 de maio
  • Período de reclamación: 1 ao 3 de xuño
  • Publicación de listaxes definitivas: 15 de xuño
  • Formalización de matrícula: 1 ao 10 de xullo

O centro permanecerá aberto ao público durante o período de admisión. Pode concertar unha cita no 886120001

 

AdxuntoTamaño
Instrucions.pdf151.68 KB
ImpresoAdmision.pdf1.09 MB
AnexoComprobacionDatosMembrosComputables_ImpresoAdmision.pdf500.2 KB