Taller de Matemáticas

Estatística

Para traballar contidos estatísticos realizamos dúas experiencias:

- na primeira experiencia fixemos dúas táboas:  unha na que mostrabamos os resultados posíbles ao tirar dous dados e sumar os resultados e outra na que multiplicabamos os resultados. Logo, analizamos os datos.

- na segunda experiencia xogamos a pedra, papel,tesoira. Xogamos oito partidas e colocamos os datos nunha táboa, despois elaboramos un diagrama de barras e por último analizamos os resultados.

 

Números negativos e positvos

Para rematar de familiarizarnos cos números enteiros, desta volta tivemos que buscar na Internet distintos datos e despois elaborar unha recta numérica e represntar estes datos.

XIROS, TRASLACIÓNS E SIMETRÍAS

Os rapaces de 6ºB fixemos un taller de matemáticas para traballar xiros, traslacións e simetrías. Aquí vos deixamos unha pequeniña mostra, esperamos que vos guste e vos animedes a facelo vós na casa, é moi sinxelo.

 

DESCONTOS NO SUPERMERCADO

Non hai como vivenciar experiencias para ter unha boa aprendizaxe, por iso os rapaces e as rapazas de sexto curso fixemos unha saída ao súper, para ver "in situ" como está o mercado...

 

Tratando de simular unha situación do máis real, levamos á práctica a aplicación dos "tantos por cento" traballados na aula e estudamos seriamente as ofertas naqueles productos que se atopaban con desconto xa que o presuposto do que dispoñíamos era limitado.

 

Ángulos

Seguimos traballando as Matemáticas con obradoiros manipulativos. Nesta ocasión fixemos un ángulo recto na porta da clase.

 

Taller de Matemáticas II

Seguimos traballando as Matemáticas de xeito manipulativo. Nesta ocasión mediante unha táboa conversora de medidas de lonxitude, capacidade e peso. 

Fixemos un concurso no que gañou a illa Cupcake. 

 

Taller de Matemáticas

Este  curso comezamos a facer un taller de matemáticas manipulativas, relacionado cos contidos de cada tema.

Traballamos coas pezas de LEGO os números primos e compostos.

Con cartolinas traballamos as fraccións. Tivemos que repartir a unidade en partes iguais cada vez máis pequenas, e despois puidemos comprobar a equivalencia entre algunhas delas.

Botade unha ollada!!!!!!!!!!!!!!!!

 

 

 

Distribuir contido

Igualdade, Convivencia e Inclusión