Matemáticas

Obradoiros de papiroflexia: os alumnos como profesores

Os alumnos e alumnas de 1º ESO B, 2º ESO A e 2º ESO B levaron a cabo un obradoiro de papiroflexia cos alumnos de 5º e 6º de primaria. Depois de aprender a construir as figuras, os rapaces e rapazas de 1º ESO B ensinaron aos de 5º como facer un coello de papel, mentres que os de 2º ESO axudaron aos de 6º a facer un cubo modular.

   

Fai clic nunha das fotos para ir á galeria.

BOTANDO CONTAS EN EDUCACIÓN FÍSICA

        Fixemos un circuito!! Un circuito matemático! así acabou a clase de educación física de 2ºB, unha tarde que pasou nun suspiro.

        Foi emocionante ver como o alumnado conectaba o xogo coas matemáticas. 

        O circuito tiña seis postas, durante a actividade eran libres de ir ás que quixeran, pero sempre gardando o turno se esa posta xa estaba ocupada. Cada unha tiña unha puntuación atendendo ós acertos de execución, que eles tiñan que ir anotando nunha ficha individualizada.

Medimos distintas lonxitudes

Comezamos unidade de forma experimental.

Medímonos

Queriamos saber canto mediamos así que o principio de curso collemos o metro e nos puxemos a medirnos todos en clase

Os reloxos

Estamos a estudar as horas e pensamos facer estes reloxos que nos permiten practicar sempre que teñamos un momentiño.

 

 

Distribuir contido

Igualdade, Convivencia e Inclusión