Matemáticas

Capacidade

Neste pequeno vídeo podedes ver como calcularon a capacidade de diferentes recipintes. Apreciamos como o traballo práctico sempre nos deixa uns resultados fenomenais. Parabéns a estos nenos!

Nave espacial.

Seguimos co Proxecto dos medios de transporte, esta vez fixemos un experimento moi sinxelo.Cunha botella de auga e un bombín propulsamos unha nave espacial. Aos nenos e nenas de 1`A e 1`B este experimento encantoulles.

As simetrías

Nas matemáticas manipulativas os nenos traballaron cas simetrías.

 

 

O Entroido.

Os alumnos de 1ºB depois de traballar coa regla numérica coas matemáticas manipulativas e os oficios dentro da área de sociais pasaron a elaborar o traxe de modistas e sastres para o desfile do Entroido xunto coa clase de 1ºA. Este foi o resultado.

MEDIDAS DE CAPACIDADE

A nosa clase está posta nesto das medidas de capacidade, nada mellor que facerprácticas para unha boa aprendizaxe!

 

Trasvases

Traballamos as medidas de Capacidade, litros, medios litros e cuartos de litro. Pasamos de uns recipientes a outros observando as distintas unidades de medida; Kl, hl, dal, l, dl, cl, ml, cambiamos de unhas unidades a outras. Moito traballiño sobre todo para logo deixar todo o chan limpo e seco jejeje. Pasamolo moi ben e aprendemos moito. 

QUECEMENTO DO MIOLO

Cada día quecemos o motor co cálculo mental. Os nosos compañeiros elixen uns factores ao chou que nos colgan no lombo e que non podemos ver. A continuación dinnos o producto deses factores e nós debemos adiviñar de que factores se trata e outros posibles factores que tamén den coma resultado ese producto.

 

 

Distribuir contido

Igualdade, Convivencia e Inclusión