Competencia Matemática

Reto matemático.

Propoñemos tres niveis de xogo.

O primeiro nivel é para os nenos e nenas de 4º de Infantil, o segundo nivel para os alumnos e alumnas de 5º de Infantil e o terceiro nivel para o alumnado de 6º de Infantil. Recomendamos que independentemente da idade ou nivel comezar polo nivel 1.

Para acceder ao xogo só tedes que clicar nos números (1-30)

 

 

A pensar, xogar e divertirse!

A lingua e as matemáticas

A través das matemáticas manipulativas o alumnado de 1º de primaria aprende conceptos lingüísticos e temporais fundamentais para a súa autonomía e vida diaria. Aquí podemos velos manexando unha roda a través da que afianzan conceptos tan complexos para eles como os de pasado, presente e futuro ademais de repasar os días da semana e diferenzar entre onte, hoxe e mañá. Mirade como resolven os problemas!

II Olimpiada matemática

 Volvemos celebrar a Olimpiada Matemática. Nela, ao igual que o curso anterior, o alumnado enfrontábanse por equipos, en distintas estacións, desenvolvendo diferentes problemas e xogos matemáticos para os que tiñan que poñer en práctica os diferentes contidos estudados na aula (números enteiros, números fraccionarios, números decimais, unidades de medida, xeometría...). A actividade resultou moi dinámica e divertida.

 

yle="text-align: center;"> 

A oca dos números enteiros

Empregamos un taboleiro tradicional da oca para xogar usando números enteiros. Tiñamos un dado normal e outro cos signos de suma e resta. Coa tirada tíñase que avanzar ou retroceder segundo o que tocase.

Números positivos e negativos

Usamos os espazos do centro para traballar as matemáticas. Nesta ocasión usamos a escaleiras do centro para traballar os números positivos e negativos. Tiñamos tres montóns de cartas no descanso das escaleiras e debíamos escoller unha de cada montón, despois debíamos resolver a operación e ir ao chanzo que se correspondese co resultado da operación.

O súper!!!!

o obxectivos desta actividade:

- Traballar contidos coma: multiplicación, sumas, restas e resolución de problemas relacionados coa vida cotiá.

-Traballar cos euros e facer diversas operaciòns con eles.

-Fomentar un consumo xusto e ter conta dos gastos na vivenda familiar.

 

Desenvolvemento da actividade: o alumnado de cuarto curso traerá un folleto do supermercado, elixiremos unha serie de productos básicos do día a día, collerán unha cesta e meteranos dentro. Sentados no seu sitio deben de facer os cálculos do que custa a compra así coma resolver problemas relacionados. Despois levaremos a cabo unha situación de role- play onde simularemos o cobro da compra no súper para traballar as moedas. 

Por último reflexionaremos da importancia de mercar sò o imprescindible e do custo da alimentaciòn no ámbito familiar.

O súper!!!!

Sumando!!!

O obxectivo da actividade e introducir o concepto de suma. Os alumnos e alumnas , contarán os puntos e enroscarán a tapa coa cantidade correspondente , traballando así, non solo o concepto matemático senon tamén a motricidade. 

Sumando!!!

Máquina de calcular

Con esta actividade preténdese ao mesmo tempo que concienciar ao alumnado da importancia de reciclar os materiais, axudarlles a desenvolver contidos relacionados co cálculo, asociación cantidade-número....

Máquina de calcular
Distribuir contido

Artigos recentes

Contratos-Programa. Contido de proba hai 6 anos 23 semanas
Enquisas hai 6 anos 22 semanas
Tous les mêmes - Stromae hai 6 anos 21 semanas
Sommeil. Stromae hai 6 anos 21 semanas
ESCRITURA CREATIVA hai 6 anos 20 semanas

uid){ print l($user->name,'user/'.$user->uid); print " | "; print l(t('Logout'),'logout'); } else{ $options = array(); $options['query'] = drupal_get_destination(); print l(t('Login'),'user/login', $options); if(variable_get('user_register',FALSE)){ print " | "; print l(t('Register'),'user/register'); } } ?>