Curso 2012-13

Cantigas amorosas

Os alumnos e alumnas de 3º ESO convertéronse hai unhas semanas en trobadores e fixeron cantigas amorosas, de amor e amigo, ao xeito das cantigas medievais, que aproveitamos o Día dos narmorados para amosarvos. Picade no adxunto

Festival de Nadal e visita do Paxe

Menudo remate de trimestre! O festival de Nadal fíxonos disfrutar dunha xornada festiva e deixounos bo sabor de boca para preparar o de Entroido.

Xa podemos ver na galería de imaxes varios centos de fotos que dan testemuña desta celebración. Non deixedes de botarlles un ollo. Aí tendes unha como adianto

Cernadas History Inquirer

As alumnas de 4º ESO acaban de inaugurar un novo xornal, mais non é actual. Retrotraéronse no tempo con esta magnífica máquina e fixeron unha viaxe pola historia. Queredes saber algo máis sobre Melchor de Jovellanos, o Neoclasicismo e os Borbóns? Pois non dubidedes en mirar os arquivos adxuntos, aí tedes toda a información; iso si, como estamos na Sección Bilingüe, ídelo atopar en inglés. 

Excursión fin de etapa

 Este curso o alumnado de 4º ESO celebrará o seu remate na etapa de Secundaria cunha viaxe á estación invernal de Candanchú en Jaca (Huesca). Acompñados polos profesores de Tecnoloxía, Francisco del Río Rodríguez, e polo profesor de Educación Física, Pancho Pérez Vidal, estes alumnos e alumnas terán a posibilidade, durante 7 días,  de aprender a esquiar, de estar en contacto coa natureza así como de recorrer esta fermosa localidade aragonesa.

 A viaxe levarase a cabo entre o 27 de xaneiro e ao 2 de febreiro.

O Samaín

Os nenos e nenas do CPI Cernadas de Castro, xunto cos seus mestres e mestras, traballaron arreo e non deixaron de celebrar unha das tradicións máis antigas quue data xa da época dos celtas: O SAMAÍN.

Foron moitas as cabazas que achegaron ao colexo adornadas con moita creatividade e orixinalidade. Tampouco escatimaron esforzos e durante uns días os corredores e aulas transportáronnos á noite do Samaín.

Grazas a todos e todas polo voso traballo na procura de seguir mantendo viva esta tradición.

Programación do ámbito cientificomatemático no curso 2012-13

No arquivo adxunto podedes ver a programación

PATIO

NUNCA DEBIMOS CHEGAR A ESTA SITUACIÓN

QUEREMOS TER UN PATIO QUE NON CAIAANTES HABÍA PATIO E SOMBRA DAS ÁRBORES

VISTO POLO CAMPO DE FÚTBOL

Distribuir contido