[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
FIO DE ARIADNA II Artigo do blogue susirey 09/04/2024 - 09:31
MENÚ MES DE ABRIL Páxina gedepevi 30/03/2024 - 11:47
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 18:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 20:14
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 18:46
ANDAINA CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER Páxina pipaca 29/02/2024 - 13:36
ADMISIÓN ALUMNADO Historias pipaca 28/02/2024 - 13:51
MENUDA CAMPIONA! Páxina pipaca 27/02/2024 - 21:07

Educación Infantil

MAR DE FONDO

Mar de fondo había en infantil A porque os pequeniños disfrazáronse de fondo do mar e tiveron que loitar cos buzos que viñeron da escola do Sanguiñal e cos mariñeiros de infantil C. Pero tamén había unha plaga de medusas que apareceron polo fondo do corredor, mismo mismo da aula de infantil D. En todo este mogollón apareceron os peixes de infantil B perseguidos por un enorme tiburón.

PLANTACIÓN

Coa avoa de Lucas plantamos xudías e millo e explicounos como tiñamos que facer para coidar as sementes e agardar a que medraran durante dúas semanas. Fixemos un seguemento e sacamos fotos. Aprendemos o que é rarear e mondar. Primeiro estabamos equivocados e pensabamos que rarear era sacar as plantiñas pequenas que medraban soas, e resultou que eso era mondar. Rarear é separar as plantas cando nacen moi xuntas e escoller as mellores.

A MOVER O ESQUELETO

No segundo trimestre, en infantil B deunos por estudar un pouco de anatomía e decidimos investigar cousas sobre o esqueleto. Aprendemos un montón e fixemos un mural enorme. Reconstruímos un esqueleto con papeliños na silueta de Lucas. Sabemos a canción de Migallas que fala do esqueleto enteira. No traballo axudounos Gonzalo, que é o noso profe de prácticas favorito e que cando era pequeno, coma nós, viña a esta clase con Ana.

DÍA DA PAZ

Un montón de caras sorrintes todas ben xuntiñas para celebrar o día da Paz nun enorme mural que tiña unha frase que dixo Teresa de Calcuta:

A PAZ COMEZA CUN SORRISO

SAMAÍN

IMPRESIONANTE EXPOSICIÓN DE CABAZAS A SEMANA DO 31 DE OUTUBRO PARA CELEBRAR O SAMAÍN. HABÍA ALGUNHAS TERRORÍFICAS E OUTRAS MOI DIVERTIDAS.

REFRÁNS

Na época do magosto, cada curso de infantil fixo un mural de distintas cousas. Nós aprendemos refráns, e recompuxemos o cada texto en grupos de 3.

QUE CARA!

No primeiro trimestre fixemos un traballo sobre o autorretrato. Traballamos con distintos autorretratos de Picasso. Fixemos a nosa cara de moitas formas e aprendimos unha leria sobre a cara. Unha das cousas que máis nos gustou foi o retrato feito con "plasti".

OS AVÓS E AS AVOAS MOLAN

Durante todo o curso, organizamos no grupo B de educación infantil visitas dos avós/as do alumnado, que nos permitiron aprender moitas cousas do pasAdo inmediato e comparalas co presente. Faláronos de oficios e traballos, da xubilación, de adiviñas e lerias, da súa escola, de xogos populares, do mar, de aparellos e barcos, de prantas e colleitas, de roupa feita a man con ilusión, de cociña, de maxia… En definitiva, foi unha experiencia para compartir complicidades, amosar afectos e poñer en valor a cultura que nos é propia, transmitida na nosa lingua.

Distribuir contido