[Actividade recente]

Título Tipo Nomearranxar por icona Data de envio
MATIJUEGOS Páxina Anónimo 18/11/2016 - 13:11
PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DO DEPARTAMENTO DE ED. PLÁSTICA E VISUAL- CURSO 2013-14 Historias Anónimo 20/11/2013 - 16:57
Samaín Páxina Anónimo 07/11/2018 - 12:47
Charla prevención de incendios e protección medioambiental. Páxina Anónimo 11/05/2015 - 11:30
PROGRAMACIÓN DO DEPARTAMENTO DE LINGUA CASTELÁ PARA O CURSO 2014-2015 Artigo do blogue Anónimo 19/01/2015 - 12:38
Que obxectivos persegue a Educación Secundaria Obrigatoria? Páxina Anónimo 27/12/2008 - 17:43
HISTORIA DO NOSO CENTRO EDUCATIVO Páxina Anónimo 03/02/2009 - 19:00
DÍA DA PAZ Páxina Anónimo 31/01/2018 - 19:43

Seccións bilingües

Que é unha sección bilingüe

Unha sección bilingüe é a organización da ensinanza dunha área ou materia non lingüística, que se cursa cun grupo de alumnos dun xeito bilingüe: en galego ou castelán, e nunha lingua estranxeira falada na Unión Europea.

O proxecto de sección bilingüe inclúese no Proxecto Lingüístico do centro, que recolle todas as accións que se desenvolven no centro con respecto a todas as linguas, tanto ambientais como estranxeiras.

Oferta do centro

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén impulsando a formación do noso alumnado nas linguas estranxeiras europeas dado que a comunicación nunha lingua estranxeira é moi importante na nosa sociedade.

As chamadas seccións bilingües traballan neste sentido para mellorar as competencias lingüísticas do alumnado galego. Teñen como obxectivo o estudo de materias non lingüísticas en galego/castelán e unha lingua estranxeira.

A organización das mesmas está regulada pola Orde do 10 de xuño de 2005, DOG do 24 de xuño.

O CPI Cernadas de Castro, como vén facendo dende o ano 2005, está a ofertar seccións bilingües. O centro ofrécelle a posibilidade ó alumnado de 2º, 3º, e 4º da ESO de cursar diversas áreas dun xeito bilingüe, é dicir na lingua materna (galego/castelán) combinándoa coa introducción progresiva dunha lingua estranxeira, neste caso o inglés.

Lexislación do Plan de Seccións Bilingües

Ligazóns de interese

Distribuir contido