[Actividade recente]

Títuloarranxar por icona Tipo Nome Data de envio
Primeiro número de Historia. 1º Trimestre - Revista dixital Páxina Anónimo 04/03/2020 - 11:19
Páxina pipaca 28/12/2008 - 16:35
Historias pipaca 29/12/2008 - 17:35
Historias pipaca 29/12/2008 - 17:37
Historias pipaca 29/12/2008 - 00:33
AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2018 Páxina Anónimo 07/02/2018 - 13:40
FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2017/18. LISTAXES DEFINITIVAS ED. PRIMARIA Páxina Anónimo 17/07/2017 - 19:38
HORARIO DE ATENCIÓN AO PÚBLICO NO CURSO 2015-16 Páxina pipaca 27/12/2008 - 13:43

6ºA

Creamos vídeos educativos

O alumnado en pequeno grupo, organizouse e elaboraron  un vídeo educativo para os seus compañeiros. Tiveron que buscar, resumir, estruturar, organizar... información para poder conseguir un resultado que agradase a todos.

Concurso de banda deseñada para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria

O alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria participou nun concurso de banda deseñada, presentando as súas creacións máis orixinais e divertidas. Velaquí as fotos dos gañadores.

 

Concurso de poesía para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria

O alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria participou nun concurso de poesía, presentando as súas creacións máis fermosas e orixinais. Velaquí as fotos dos gañadores.

Libropoly, un (ambicioso) reto literario para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria

Durante este curso, ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria propúxoselle un itinerario lector cun formato lúdico: o Libropoly. O reto consiste en ler e realizar fichas de lectura (e, voluntariamente, tamén vídeo-reseñas) de vinte libros previamente seleccionados e expostos nun gran taboleiro que emula o clásico taboleiro do xogo Monopoly.

Apadriñamentos e amadriñamentos de lectura

Os alumnos e alumnas dos cursos superiores de Educación Primaria apadriñaron e amadriñaron ao alumnado de Educación Infantil, xuntándose mensualmente nun recreo para desfrutar de momentos de lectura tan entrañables coma os que podedes ver nas imaxes a continuación.

Lectura de Don Quijote de la Mancha

Para celebrar o día do libro o alumnado de 6º e 6º fixeron unha lectura dunha versión adaptada de Don Quijote de la Mancha.

 

Escritores e editores

Inspirándonos no libro A familia C da editorial Kalandraka, creamos os nosos propios libros da familia A, B, C, D... a partir da inicial do noso nome. 

O alumnado primeiro tivo que facer un borrador do seu libro e despois tivo que ir ilustrando e maquetando axudándonse de distintos materiais que ofreceran texturas ao libro.

 

 

Economía circular

Aproveitando que o día da Terra é o 5 de xuño o alumnado de 6º recibiu unha charla sobre economía circular; aprendendo o que significa ese termo e a importancia de realizar un consumo responsable.

Distribuir contido