[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
MENÚ MES DE MARZO Páxina gedepevi 22/02/2024 - 20:18
ENTROIDO Páxina pipaca 21/02/2024 - 10:28
XORNADA DE PORTAS ABERTAS_CURSO 2024_25 Páxina pipaca 05/02/2024 - 13:50
OS MANDADOS DO MECO Páxina pipaca 02/02/2024 - 16:16
CROS PORTO DO SON Páxina gedepevi 02/02/2024 - 14:10
DÍA DE CASTELAO Páxina pipaca 30/01/2024 - 15:37
MENÚ MES DE FEBREIRO Páxina gedepevi 30/01/2024 - 11:16
CHARLAS SOBRE O SISTEMA FISCAL Páxina pipaca 26/01/2024 - 12:23

1ºB

Viaxe a Santiago de Compostela

O xoves 28 de maio os alumnos e alumnas de 1ºB fixemos unha viaxe a Santiago de Compostela para coñecer as instalacións do xornal "El Correo Gallego", tanto no ámbito da prensa escrita como a radio e a televisión. Ademais tivemos tempo de entrar nunha panadaría da praza de Cervantes a repoñer forzas e tamén aproveitamos o día para ver o impresionante botafumeiro da catedral. 

Se clicas na foto poderás ver moitas máis!!!

Contando decenas

Os alumnos e alumnas de 1ºB, pasámolo xenial aprendendo as decenas. Fixémolo con chuches, que é como mellor saben as decenas e agora xa sabemos que 1 decena de gominolas son 10 gominolas e que dúas decenas de chupas son: 20 chupas!!!!

Fai doble clic na foto e veredes cántas decenas de chuches tiñamos

ENTREVISTA A LAURA, A NOSA COCIÑEIRA.

Depois de traballarmos os oficios na materia de Coñecemento do Medio, o alumnado de 1º B elaborou unha entrevista para facerlle á cociñeira do noso centro, Laura. Primeiro aprendemos a estrutura deste xénero xornalístico e logo, unha vez que o tivemos claro, eliximos dous compañeiros que se achegaron ata a cociña para falar coa persoa que cada día nos impresiona cos seus marabillosos pratos. Mirade o vídeo e observade o noso traballo.

Excursión a Apípolis

Este ano, como excursión de fin de curso, o alumnado de 1º e 2º de primaria fomos a Apípolis, un Centro para a Comprensión das relacións entre os seres humanos e as abellas. onde aprendemos moitas cousas interesantes das abellas, a importancia que teñen na conservación do medio... así como os diferentes estamentos nunha colmea (raíña, obreiras...), a facer galletas de mel, a facer candeas coa cera das abellas...

Para ver todas as fotos fai dobre clic na primeira.

 

Papeleiras divertidas

Os alumnos de 1ºA e 1ºB participamos no Plan de Convivencia do centro facendo tamén as nosas papeleiras, que nos quedaron moi chulas!!

En  1ºA sen pensar foi aparecendo Elmer. Comezamos pintando a caixa con cadriños de cores e pouco a pouco nos demos conta de que nos lembraba a alguén. Logo colocámoslle as patas con tubos de cartón, e fixémoslle a cara, a trompa e as orellas e... ahí o tedes!!!

Canción do entroido

No entroido este ano, os alumnos e alumnas de 1ºA e 1ºB disfrazámonos de cabaliños de mar e escollemos para o desfile do festival unha canción moi simpática sobre os cabaliños de mar. Aqui vos deixamos o video para que a escoitedes.

 

 

Os cabaliños de mar

Os alumnos e alumnas de 1ºA e 1ºB, estamos aprendendo un montón de cousas sobre os cabaliños de mar: onde viven, que comen, como se reproducen, quenes son os seus veciños, de quen teñen que escapar.....

Aquí vos deixamos un video para que vexades como nacen. Sabiades que son os machos os que levan as crias na súa bolsa ata o seu nacemento?

 

Conta Contos na casa da cultura de Lousame

1A1B

Distribuir contido