Atendendo ás Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia facemos públicas as adaptacións das programacións deste curso académico.
Poderán acceder ás mesmas nos bloques situados á marxe da páxina web do centro premendo no menú programacións dentro do bloque Educación Primaria ou Educación Secundaria segundo queiran acceder ás modificacións das programacións dunha etapa educativa ou da outra.