[Actividade recente]

Título Tipo Nome Data de envio
BECAS E AXUDAS PARA ESTUDOS DE NIVEIS POSTOBRIGATORIOS Páxina pipaca 19/03/2024 - 17:55
8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER Historias pipaca 09/03/2024 - 19:14
Punto laranxa contra o acoso escolar Webform pipaca 07/03/2024 - 17:46
ANDAINA CONMEMORACIÓN DÍA DA MULLER Páxina pipaca 29/02/2024 - 12:36
ADMISIÓN ALUMNADO Historias pipaca 28/02/2024 - 12:51
MENUDA CAMPIONA! Páxina pipaca 27/02/2024 - 20:07
MENÚ MES DE MARZO Páxina gedepevi 22/02/2024 - 19:18
ENTROIDO Páxina pipaca 21/02/2024 - 09:28

ENTROIDO 2012

Parece que volvemos onte do nadal e xa estamos no Entroido. Este curso, o Claustro decidiu non celebrar o festival como  protesta ante as medidas adoptadas pola Consellería de Educación. Sabemos que os pais nos entenden e nos apoian nas nosas reivindicacións en defensa dun ensino público de calidade para os seus fillos.

Portas adentro, como actividade/contido de aula xa levamos uns días traballando, e esta semana seguiremos as indicacións do Meco (este ano Meca) para disfrazarnos cada día:

Este luns que non che esqueza,

Trae algo na cabeza.

 

 Martes ven con anteollos,

Que verás ata os piollos.

 

Dá igual pares ou impares,

pero mércores pon moitos colares.

 

 Xoves vimos elegantes,

 Traemos os pés rechamantes.

 

A participar e feliz Entroido a todos!!