O 2 de febreiro asistimos no Salón Teatro de Santiago á representación teatral da obra "Pelos na lingua", a cargo da compañía Talía Teatro. Con moito humor e "sen pelos na lingua" vimos retratadas moitas situacións anómalas que vivimos os galegofalantes na nosa vida diaria e os prexuízos contra os que aínda hoxe temos que seguir loitando. Iso si, entre gargallada e gargallada, porque é unha comedia moi divertida. |
|||