Robótica e ciencias da natureza.

Estamos a repasar e afianzar os contidos adquiridos no tema dos animais en ciencias da natureza. Elaborabomos un novo xogo no que repasan contidos como tipo de reprodución, grupos de animais, alimentación, hábitat...

O xogo é para catro ou cinco nenos e nenas. Por quendas collen unha tarxeta e len a pregunta en alto. Se acertan teñen que dirixir o Escornabot ata a respota e quedarse coa tarxeta, se erran non poden conducir o bicho.

 

Igualdade, Convivencia e Inclusión