Descubrimos o número π

No grupo de 5º B, en MaTeMáTiCaS MaNiPuLaTiVaS, quixemos poñernos na pel dos grandes matemáticos e levamos a cabo un proceso de descubrimento do número π:

  1. Buscamos pola aula obxectos con forma de circunferencia.
  2. Medimos a súa lonxitude e diámetro.
  3. Facemos unha división: lonxitude/diámetro.
  4. Comparamos os resultados.

 

E que descubrimos? Que os resultados eran moi semellantes!Sorprendido

 

As medicións non foran moi exactas, pero puidemos ver que os cocientes obtidos coincidían, cando menos, nas súas dúas primeiras cifras: 3,1...

O que obteriamos, en caso de que as medicións fosen exactas sería este número infinito, o número π, que é:

3,14159265358979323846…

 

Grazas a isto, puidemos obter a fórmula que nos permitirá calcular a lonxitude de calquera circunferencia:

L=diámetro x π

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Igualdade, Convivencia e Inclusión