Arte solidario en Infantil B

Vimos de visitar a exposición dos compañeir@as de Infantil B. 

Algúns dos compañeiros de Infantil B  (Pedro, Alejandro, Roi, Leo e Ramón) guiáronnos ao longo da exposición axudados da profe Ana.

A exposición consta de tres partes.

  • A primeira parte da visita realízase fóra da aula, onde hai un mural enorme no que explícan o que é ser un refuxiado e o traballo que realiza a ONG Save de Children.
  • A segunda parte realízase dentro da aula, onde se poden ver numerosas interpretacións de cadros famosos feitos polos máis pequenos. Ademais durante a visita vannos contantdo curiosidades acerca da súa elaboración.
  • Finalmente, a visita remata cunha venda solidaria a favor de Save de Children. Os autores dos cadros fan unha factura e cobran o diñeiro aos visitantes que desexen mercar. 

 

 

Igualdade, Convivencia e Inclusión