PROXECTO DOS ALIMENTOS EN 2º B

 


Este ano 2015/2016, o curso de 2º B traballou ao redor dun proxecto relacionado cos alimentos e con el fomentou todas as compentencias claves: a lingüística, a matemática, a científica e tecnolóxica e a da mellora da convivencia.

Para isto, estudamos durante este ano a pirámide de alimentos a través da elaboración da nosa propia e exclusica pirámide. Nela fomos colgando os alimentos e despois completamos a aprendizaxe cunha compra responsable que levamos a cabo no supermercado Eroski. Asemade, aprendemos a diferenciar os diferentes postos dun mercado, así como a elaboración de menús sans e equilibrados. E para rematar, fixemos o noso propio pan nunha panadería. 

Para que poidades observar todo o que traballamos debedes ir á galería. Alí atoparedes os distintos álbums: Supermercado Eroski, Praza en Santiago, Escola de hostelería e Panadería Xallas. Clicade na imaxe e poderedes ver as fotos.Risa

 


 
Completamos os nosos coñecementos co SEMÁFORO DE ALIMENTOS, a saber: tivemos dúas clases prácticas, unha para a cor verde (obradoiro de froitas) e outra para a cor vermella (obradoiro de chocolate). A cor amarela correu da man dos nosos proxenitores, xa que eles traballaron as proteínas (carne, ovos, legumes e pasta) na casa; cando rematamos trouxemos moitas fotos nosas cociñando. Se queredes ver as fotos, clicade tamén na fotografía do inicio e na galería buscade o álbum correspondente.

Igualdade, Convivencia e Inclusión