Xornada de Sensibilización sobre as Enfermidades Mentais

    O alumnado de 4º da ESO participou nunha Xornada de Sensibilización sobre as Enfermidades Mentais, impartida pola asociación A Creba. Nela tratouse de facerlle ver ao alumnado que as persoas con enfermidades mentais sofren unha patoloxía similar a outros enfermos crónicos, no sentido de que, despois dun correcto diagnóstico, poden levar unha vida normal en sociedade coa axuda da medicación. Non levan pois, unha etiqueta identificativa na súa fronte, e calquera persoa pode chegar a padecer unha enfermidade mental. Hai factores como o estrés e a ansiedade que predispoñen a que se poida desencadear unha enfermidade mental a calquera idade.

 

 

 

 

 

 

 

 

Igualdade, Convivencia e Inclusión