[Actividade recente]

Título Tipoarranxar por icona Nome Data de envio
DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO Album Anónimo 24/11/2023 - 14:39
#Reto Camaleón Album jteira 08/04/2021 - 17:55
Día da nena Album jteira 03/12/2021 - 12:35
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO Album jteira 24/11/2021 - 21:23
CONCURSO DE CABAZAS_SAMAÍN 2023 Album Anónimo 12/11/2023 - 22:06
Visita ao Museo Luis Iglesias Album jteira 28/01/2022 - 14:40
CROS DE NOIA, 5 decembro 2023 Album gedepevi 16/12/2023 - 22:36
Viaxe á praza de abastos Album jteira 29/11/2021 - 23:04

DRAGAL E ELENA GALLEGO

 
O noso centro participa este ano no Proxecto Dragal. Os alumnos de terceiro leron o libro Dragal I. A herdanza do dragón na primeira avaliación e neste trimestre comezaron a realizar  as actividades deste proxecto. Unha delas é un encontro coa escritora do libro, Elena Gallego e tivemos a sorte de que nos visitou o luns 29 de febreiro pola tarde.
 
Elena fixo unha amena exposición sobre a elaboración da novela e os temas que esta  trata. Os alumnos estiveron moi atentos, amosaron moito interese, fixeron preguntas e logo sacaron fotos con ela. Alumnos, profesorado asistente  e escritora pasamos unha hora e media moi entretida. 
Velaí as fotografías: