XOGAMOS A SER XORNALISTAS

 

O 21 de maio, os nenos/as de 1º B tivemos a honra de recibir no colexio a visita do xornalista Alberto González Regueiro. Durante boa parte da mañá, adicouse a ensinarnos como evolucionaron os medios de comunicación a través do tempo e tamén nos explicou en que consitía o traballo de xornalista. E nós, que seguimos estudando os oficios, falamos con el e dixémoslle que xa fixeramos unha entrevista á nosa cociñeira. Foi por iso que quixo traballar tamén con nós o xénero da entrevista. Malia sentir moita vergonza, cada un de nós someteuse a unha entrevista onde contestabamos as preguntas que Alberto nos facía de maneira totalmente espontánea. 

 

Cando rematamos, fixémoslle tres agasallos: un libro sobre o noso concello, un bote de mel autóctono e un libro sobre a súa vida que nós mesmos elaboramos. El, moi amablemente, prestouse a lelo diante de nós. Non vos perdades os vídeos, están CHULÍSIMOOOOOOSSS.

 

Asemade, o xoves 28 de maio, vivimos o xornalismo en directo, xa que Alberto tamén nos convidou a ver a redacción de O Corrreo galego. Para visualizar as fotos, clicade aquí e iredes á Galería.

E, cando chegamos á clase, fixemos contas do que gastaramos ao mercar a nosa merenda nunha panadería de Santiago. Velaquí tedes os problemas que realizamos.

 

 

AdxuntoTamaño
00155.flv9.38 MB
00158.flv13.38 MB
00161.flv12.84 MB
00166.flv11.54 MB
00162.flv15.45 MB
101_0163.flv9.25 MB
00178.flv28.12 MB
00159.flv27.08 MB

Artigos recentes

Contratos-Programa. Contido de proba hai 6 anos 34 semanas
Enquisas hai 6 anos 33 semanas
Tous les mêmes - Stromae hai 6 anos 33 semanas
Sommeil. Stromae hai 6 anos 32 semanas
ESCRITURA CREATIVA hai 6 anos 31 semanas

uid){ print l($user->name,'user/'.$user->uid); print " | "; print l(t('Logout'),'logout'); } else{ $options = array(); $options['query'] = drupal_get_destination(); print l(t('Login'),'user/login', $options); if(variable_get('user_register',FALSE)){ print " | "; print l(t('Register'),'user/register'); } } ?>