Benvida ao Blog!!!

Web do CPI Cernadas de Castro de Lousame.

A máquina do tempo.

A MÁQUINA DO TEMPO

 XOGOS SOBRE O TEMPO

Non hai mellor forma que aprender xogando!

Os nenos e nenas de 1º e  2º sábeno moi ben e por iso traballaron o tempo cos seguintes xogos.

 

                    1. Averiguar cal é o mes traveso que non está en   ningún    grupo.

Clasificar en parellas os meses en dous grupos segundo tivesen 30 e 31 días para averiguar cal era o mes traveso.

 

 2. Adiviñanzas sobre as estacións.

Nun grupo de catro persoas formábanse dúas parellas. Cada alumno/a tiña un grupo de adiviñas. Un membro da parella leíalle a adiviña ao outro e este tiña que resolvela.

O obxectivo era acertar o máximo de adiviñas posible. A parella que acertase máis
gañaba.

 

 3. Pictionary sobre os meses do ano

 Formamos grupos de catro con dúas parellas. Cada un tiña unha serie de tarxetiñas co nome dos meses do ano. Un membro da parella lía o nome do mes e debía facer debuxos para que o outro neno da parella adiviñase o mes. Por exemplo: tocou o mes de decembro e debuxaron neve ou  un Papa Noel. Para facer o xogo tiñan como axuda un calendario onde se amosaban as principais festividades e datas sinaladas.

 4.Globos para os días da semana

 Para estudar os días da semana fixemos varios xogos:

   Domingo. Os nenos e nenas ían pasado o globo dicindo os días da semana. Ao neno que lle tocase domingo plantexabámoslle un reto que pensabamos entre todos.

   Formamos catro grupos de cinco e cada grupo tiña sete globos, debían reordenalos por orde.

   Na clase había varios globos co nome dos días da semana. A profesora dicía en alto: o primeiro día da semana, o segundo, os días do fin de semana… E os primeiros que atopasen o globo correspondente gañaban.

5. Resolve o enigma.

Ao inicio de cada bloque de contido dentro do proxecto propoñíaselle un enigma ao laumnado que tiña que revolver ao final de dito bloque. A finalidade era mellorar a resolución de problemas en diferentes situacións da vida cotiá.

 

 6. Decoración da  aula

  Decoración da porta da aula para introducirnos no proxecto da máquina do tempo.

  Decoración do reloxo da aula para ver a equivalencia en reloxos analóxicos e       dixitais.

  Realización de diferentes manualidades para fomentar  a creatividade nas artes plásticas e así traballar os diferentes bloques do proxecto “O paso do tempo”.

   Elaboración individual da máquina do tempo que cada neno espera ao rematar o proxecto.

  Decoramos o corcho con fotos para comparar obxectos do pasado e do presente, é dicir, diferenzas entre antigo e moderno.

 

7. Actividades  de matemáticas.

  Plantexáronse  actividades  para  traballar  as  habilidades  de  pensamento matemático a través das matemáticas manipulativas.

  Fixéronse actividades sistema Osmo Genius Kit, accesorio educativo para IPad que potencia a creatividade e as habilidades plásticas, a ciencia, as matemáticas e o vocabulario.

 8. Actividades  de ciencias sociais

  Exercicio para comparar os xogos aos que xogaban os seus pais e os seus avós cos que xogan eles.

  Murais sobre o paso do tempo.

 

9. Actividades  de lingua.

  Realizáronse actividades impresas.

  Elaborar unha liña do tempo da súa vida.

 

  Facer unha árbore xenealóxica da súa familia para poder observar o paso do tempo e como este inflúe na historia de cada persoa.

 

  Elaboración dunha obra de teatro.

 Na aula entre todos fomos creando persoaxes con diálogos e diferentes escenas e planos para a súa representación (dita obra non se puido realizar porque se declarou o estado de alarma sanitario).

 Dende a casa traballouse  no aspecto falado da representación teatral a través das videoconferncias.

 

10. Actividades  interactivas

   Realizaronse diferntes xogos online  na aula ata o 13 de marzo e nas súas casa dende esa data en adiante.

   Visionáronse diferentes vídeos para abordar os diferentes bloques do proxecto. A continuación expóñense os vídeos e xogos elaborados que se empregaron.

 

 

BLOQUE DO

CALENDARIO

XOGOS

Meses del año

 

 

 https://wordwall.net/play/2819/781/831

Meses del año

 

 

https://wordwall.net/play/2819/918/977

Días de la semana

 

 

https://wordwall.net/play/2820/045/188

Días da semana

 

 

https://wordwall.net/es/resource/2776812

Estacións do ano

 https://wordwall.net/es/resource/2777044

Estaciones del año

 

 https://wordwall.net/play/2820/395/251

BLOQUE DOS FENÓMENOS

METEREOLÓXICOS

VIDEOS

Fenómenos naturales

 

 https://www.youtube.com/watch?v=mc3VFz-QF5k

Fenómenos atmosféricos y el mapa del tiempo

 

https://www.youtube.com/watchv=F4N7uwSwlKw

Instrumentos atmosféricos

 

https://www.youtube.com/watch?v=8gII_aUzwn8

Desastres naturales

 

https://www.youtube.com/watch?v=iTnhxRbK1yA


BLOQUE DOS FENÓMENOS METEREOLÓXICOS

 XOGOS

 

Fenómeno metereolóxico

 

  https://wordwall.net/resource/2654529

Que fenómenos atmosféricos contribuen
a que teñamos auga?

 

 https://wordwall.net/es/resource/2820268/que-fen%c3%b3menos-atmosf%c3%a9ricos-contribuen-que-te%c3%b1amos-auga

Desastres naturales

Aparellos para medir

 

 https://wordwall.net/es/resource/2820596/fen%c3%b3menos-atmosf%c3%a9ricos

fenómenos atmosféricos

 

 https://wordwall.net/resource/2777759

 

 

BLOQUE DE HISTORIA

VIDEOS

Antes, ahora y después

 

https://www.youtube.com/watch?v=68lrhk4es9M

Los verbos

 

https://www.youtube.com/watch?v=xCK3JVp1yRQ

La máquina del tiempo: Historia.

El paso del tiempo

 

https://www.youtube.com/watch?v=yrjFR om0duY

https://www.youtube.com/watch?v=tpBrl HtR3GA

Antiguo/ moderno

 https://www.youtube.com/watch?v=50DVc5NU2YI


BLOQUE DE HISTORIA

XOGOS

Os tempos verbais

 

 https://wordwall.net/play/2771/162/258

Los verbos

 

 https://wordwall.net/play/2820/720/519

Linea do tempo

 

https://wordwall.net/es/resource/2775673

Presente/pasado/futuro

 

https://wordwall.net/es/resource/2776007

A historia

 

 

 

 

https://wordwall.net/es/resource/2776199/historia

 

Antigo/moderno

https://wordwall.net/resource/2664457/pasado-e-presente

 

BLOQUE DE HORAS

VIDEOS

LAS HORAS EN PUNTO Y MEDIA

 

https://www.youtube.com/watch?v=YxR-UDOqutI

LAS HORAS Y CUARTO Y MENOS CUARTO

 

https://www.youtube.com/watch?v=bff3JMD1f1I

 

EL RELOJ COMPLETO ANALÓGICO Y DIGITAL

 

https://www.youtube.com/watch?v=RqPYRcVO8j8


BLOQUE DE HORAS

XOGOS

 

EN PUNTO E MEDIA

EN PUNTO, E MEDIA, E

RELOXO ANALÓXICO

CUARTO

 

RELOXO ANALÓXICO

https://wordwall.net/play/2547/116/604

 

https://wordwall.net/play/2547/416/820

 

 

 

EN PUNTO, E MEDIA E CUARTO

 

EN PUNTO, E MEDIA

RELOXO DIXITAL

DIXITAL

https://wordwall.net/play/2547/420/9 70

https://wordwall.net/play/2547/41 2/215

 EN PUNTO, E MEDIA E CUARTOS DIXITAL E ANALÓXICO

https://wordwall.net/play/2645/760/352

 RELOXO COMPLETO DIXITAL E ANALÓXICO

https://wordwall.net/play/2687/118/893


 

REPASO DO PASO DO TEMP0

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

https://view.genial.ly/5ed0012c6a01c811e66ea734/game-breakout- la-maquina-del-tiempo

Reto matemático.

Propoñemos tres niveis de xogo.

O primeiro nivel é para os nenos e nenas de 4º de Infantil, o segundo nivel para os alumnos e alumnas de 5º de Infantil e o terceiro nivel para o alumnado de 6º de Infantil. Recomendamos que independentemente da idade ou nivel comezar polo nivel 1.

Para acceder ao xogo só tedes que clicar nos números (1-30)

 

 

A pensar, xogar e divertirse!

 

Agora pasamos ao nivel...

 

 

Continuamos no último nivel...

 

 

Fixéchelo xenial!

 

Revista de Historia - 2ª entrega - 4º ESO

 

Clica na imaxe seguinte para acceder á 2ª entrega da Revista de Historia elaborada polo alumnado de 4º ESO. Grazas por seguirnos!!

 

On joue? Xogamos? : Saute Mouton (Pídola) et La Chaise (A silla da Raíña)

O 18 de febreiro estivemos de novo no patio para lembrar un par de xogos tradicionais: A pídola, que consiste en saltar sobre un compañeiro/a e a Silliña da Raíña, na que dúas persoas pasean a outra ó ritmo dunha cancionciña ata que a canción remata e a deixan caer... suavemente!! Aquí tedes as fotos para ver o ben que o pasamos:

Saute mouton - pídola

Saute mouton ou Pídola

A silliña da Raíña

La Chaise ou Silliña da Raíña

 

Primeiro número de Historia. 1º Trimestre - Revista dixital

Publicamos, tarde, pero publicamos! O primeiro número da revista dixital de Historia do centro, correspondente co primeiro trimestre.

Os redactores e editores foron as alumnas e alumnos de 3º da ESO, e os contidos céntranse no século XVI. (click na imaxe para acceder á revista)

 

On joue? Xogamos? : Les Cerceaux - Os Aros

Pasar polo aro

Este martes 11 de febreiro o xogo que tocaba foi xogar aos Aros. Fixemos dous xogos: o primeiro consistía en facer unha roda e pasar por medio do aro cada un dos membros da roda. O segundo consistía en un xogo parecido ás sillas musicais. Mentres cantabamos unha canción dun lobo camiñabamos arredor dos aros e cando o lobo saía da cova a pillar había que refuxiarse nun aro. O/A  que quedaba sen aro era eliminado/a.

Aros musicais

On joue? Xogamos? : Jouer aux billes - Xogar ás canicas

Xogando ou Juá

O martes 4 de febreiro adicamos o recreo a divesos xogos de canicas como O Juá, O Ollo e A Quita.

O Juá consiste en meter a canica nun burato.

O Ollo en sacar as canicas das dúas esquinas dun ollo pintado no chan.

A Quita trátase de sacar unha canica do sitio.

A Quta

 

Alimentación vexetal!

                                   

 

Os alumnos de 3º de primaria quixemos investigar como se alimenta unha planta. Para elo collemos dúas flores brancas e metémolas en auga con colorante e observamos o que foi pasando ao longo da semana. Deixamos aquí os resultados!

 

                            

                            

                            

                            

Lectura, maxia e cooperación

Para traballar a escritura, os nenos e nenas de primeiro traballamos moito en grupo. 

Escribimos palabras para repasar normas ortográficas usando a técnica cooperativa do folio xiratorio e ademais, descubrindo diferentes letras utilizando rotuladores máxicos, intentamos crear diferentes palabras. A estes nenos e nenas encántalles utilizar os rotuladores máxicos!

Lectura, maxia e cooperación

Igualdade, Convivencia e Inclusión