Marzo 2019

Visita á granxa de vacas!

Hoxe o alumnado de 4º e 6° de infantil visitou a granxa Sat Busto- Corzón na Picota. Jose Antonio e José Manuel explicáronlle aos pequenos e pequenas o funcionamento da granxa, o coidado e muxido das vacas e ensináronlle toda a maquinaria. Para nós supón un peche de proxecto perfecto, xa que os nenos e nenas puideron vivenciar e coñecer de primeira man todo o aprendido neste trimestre.

Visita á granxa de vacas!

Experimento "Mans sucias, mans limpas"

Experimento "Mans sucias, mans limpas"

Os alumnos de 3ºB de Educación Primaria investigamos acerca da importancia da hixiéne diaria das nosas mans. Para elo levamos a cabo o seguinte experimento:

Collemos unha mazá e partímola en dous trozos. Un deses trozos tocámolo despois de lavar concienzudamente as mans e metémolo nun dos tarros coa etiqueta de "Mans limpas". A outra parte da mazá tocámola coas mans despois de vir do patio para, a continuación, metela no segundo tarro coa etiqueta de "Mans sucias".

Os días sucesivos fomos anotando os cambios que ocorrían nas dúas metades das mazás e pudemos observar que na mazá que tocáramos coas mans sucias tiña peor pinta e medraban fungos con máis facilidade que na outra. Con este experimento descubrimos que nas mans temos moitas bacterias e que as transmitimos a aquelo que tocamos, de aí a necesidade de manter unha boa hixiene. 

As emocións

Actividade:o alumno/a colle unha tarxeta e debe, co escornabot ir a casiña na que se atopa dita emociòn, deberá explicar a os seus compañeiros cando foi a última vez que se sinteu así e os demais compañeiros aportarán ideas de como mellorar, ( de ser o caso) .

Tentamos dar ao alumnado a través dest  actividade pautas para evitar a frustración  e para controlar as emociòns.

As emocións

Play Osmo!

 O alumnado de 1º de Primaria utiliza os Ipads para traballar co kit de Play Osmo, co que intentamos que melloren as competencias lingüísticas, matemáticas, artísticas e en ciencia e tecnoloxía.

 Velaquí os tendes concentrados, neste caso pescando peixes cos seus cálculos! Guiño

 

 

Artigos recentes

Contratos-Programa. Contido de proba hai 6 anos 35 semanas
Enquisas hai 6 anos 33 semanas
Tous les mêmes - Stromae hai 6 anos 33 semanas
Sommeil. Stromae hai 6 anos 33 semanas
ESCRITURA CREATIVA hai 6 anos 31 semanas

uid){ print l($user->name,'user/'.$user->uid); print " | "; print l(t('Logout'),'logout'); } else{ $options = array(); $options['query'] = drupal_get_destination(); print l(t('Login'),'user/login', $options); if(variable_get('user_register',FALSE)){ print " | "; print l(t('Register'),'user/register'); } } ?>