Xuño 2018

Coñecendo o Sistema Solar e a Vía Láctea

Coñecer o espazo, o que hai alá no ceo, lonxe da Terra, é algo que a todos nos causa curiosidade e misterio. Por iso, durante o primeiro trimestre o alumnado de 5ºB se adentrou no coñecemento do espazo, a Vía Láctea e o Sistema Solar, no que nos atopamos. Como resultado, cada rapaz e rapaza elaborou a súa propia maqueta, desenvolvendo así a Competencia Científica, a Competencia Artística e a Competencia en Comunicación Lingüística pois, tras rematar os seus traballos, visitaron as aulas de quinto e sexto curso de Educación Infantil para compartir con eles os coñecementos adquiridos e diversas aventuras sobre o espazo.  Maquetas do Sistema Solar realizadas polo alumnado de 5º de PrimariaMaqueta do Sistema Solar con luz ledAlumnado de 5ºB explicando ao alumnado de 5º e 6º de Infantil o Sistema Solar

CADEIRAS VERMELLAS

Este curso tamén colaboramos coa iniciativa "Sillas Rojas" que pretende dar visibilidade aos nenos en países que non teñen dereito a educación. Tratamos o tema na aula e logo cadaquen realizou un boceto da súa silla, elexiu o material e executouna. Estes foron os resultados.

Coñecendo a célula animal e a célula vexetal

Ao longo do primeiro trimestre o alumnado de 5ºB de Educación Primaria adentrouse no coñecemento da unidade máis pequena dun ser vivo: a célula animal e a célula vexetal, indagando nos seus compoñentes e o seu funcionamento. Como resultado, cada alumno e alumna realizou a súa propia maqueta, desenvolvendo así a Competencia Científica e a Competencia Artística, nun clima de diversión e aprendizaxe.Maquetas da célula animal e vexetal realizadas polo alumnado de 5ºB

 

CONVIVIMOS E XOGAMOS

Ao longo do curso descubrimos novos xogos cos que traballamos a atención, o respecto das normas, a axuda aos compañeiros, a empatía e comprensión... Tamén colaboramos entre todos para realizar o noso propio xogo do memory!

 

 

 

 

 

 

INTERVENCIÓN EN PATIO INTERIOR PARA A SÚA MELLORA. ARTE E NATUREZA COMO EIXE TRANSFORMADOR

 O proxecto que presentamos trata de mellorar o patio interior anexo ao comedor e a un dos corredores do centro escolar. Trátase dun espazo que se foi degradando co paso do tempo e que é moi visible dada a súa localización. A intención é realizar un proxecto interdisciplinar no que o alumnado se vexa involucrado e identificado aportando as súas ideas e traballo para alcanzar unha mellora dese espazo. Para iso elaboramos un plan de actuación que se basea en tres fases de actuación:

 

- Reparación e mellora estética. O Concello de Lousame colabora no proxecto levando a cabo as seguintes actuacións: limpeza e pintado das paredes, colocación de lona e aportación de grava para uniformidade e mellora estética do chan.

EXPERIMENTANDO CON MESTURAS

Nesta actividade eleximos sustancias cas que nos apetecía experimentar, determinamos o material a utilizar e tomamos notas das nosas hipóteses. Despois de levar a cabo as mesturas, observamos se as nosas suposicións erna correctas ou non.

ACTIVIDADES COA MESA DE LUZ

Os máis pequeniños traballamos dun xeito moi motivante utilizando unha mesa de luz. Enriba fixemos agrupacións con pedras de cores e as nosas creacións con figuras de xel.

 

 

 

PAPIROFLEXIA

Nesta actividade traballamos a comprensión de textos instructivos e realizamos animais con papel, neste caso unha bolboreta.

 

 

 

PROXECTO: AS MÁQUINAS

Esta foi unha actividade que nos serviu para traballar contidos tanto matemáticos como científicos.

Adentrámonos no mundo das máquinas e no uso que lles damos os seres humanos, para iso, construímos ábacos que nos axudarán a sumar, restar e incluso multiplicar.

Igualdade, Convivencia e Inclusión