Maio 2018

Volúmenes

Os rapaces e rapazas de 4º B calculamos volúmenes de diferentes obxectos.

Volúmenes

Nutrición das prantas.

Co pasar das horas observamos cos nosos propios ollos como se ían tinguindo os pétalos inicialmente brancos das flores que trouxemos e ían collendo fermosas cores. 

Nutrición das prantas.

OSMOS: Masterpiece.

Os nenos e nenas expertos esta semana estiveron practicando co xogo de Osmos Masterpiece que consiste en debuxar seguindo un modelo na pantalla do Ipad, en palabras dos propios nenos e nenas "era moi difícil".

Ilustrando España

Despois de estudar a xeografía política de España, como tarefa final o alumnado por parellas tentoru representar a través de debuxos  a identidade das distintas comunidades autónomas, atendendo a súa literatura, gastronomía e folclore.



Os ángulos

Unha das actividades realizadas no tema dos ángulos foi crear un ángulo na porta da clase. 

 



Cociñamos

Como tarefa integrada do tema das unidades de medida, masa e capacidade cociñamos na clase; biscoito de iogurt e biscoito de chocolate. Velaquí unha mostra apetitosa.



A circulación

Desta volta, o alumnado estuda a circulación maior e menor coa axuda dun corazón xigante. O alumnado verbalizaba ao que ía pasando ao mesmo tempo que percorría as distintas aurículas e ventrículos.

 



Intestino delgado

Aproveitando o traballo coas unidades de masa, volume e capacidade  o alumnado calculou aproximadamente canto medía o seu intestino delgado.

Como o fixeron? Pois averiguaron que se multiplicaban a súa altura por 4,5 obtiñan  a lonxitude aproximada do seu intestino delgado. Finalmente, no patio coa axuda de regras e cintas métricas cada un debuxou cun xiz a lonxitude do seu intestino.



Aparato respiratorio

Aproveitamos o estudo do aparato respiratorio e facemos unha maqueta que nos mostra o seu funcionamento.



Igualdade, Convivencia e Inclusión