Marzo 2016

Taller de Matemáticas II

Seguimos traballando as Matemáticas de xeito manipulativo. Nesta ocasión mediante unha táboa conversora de medidas de lonxitude, capacidade e peso. 

Fixemos un concurso no que gañou a illa Cupcake. 

 

Tarde de convivencia

Adecentamos xunto aos compañeiros de 5ºB unha zona do patio de Primaria, plantando distintas flores de tempada. Entre todos colaboramos: fixemos buracos, plantamos, limpamos a zona, regamos... 

Rematamos a tarde xogando xuntos.

Chefs

Para rematar a unidade de medidas de lonxitude, peso e capacidade, realizamos un obradoiro de repostería xunto aos compañeiros de 5ºB. Tivemos que seguir as instruccións e fixarnos á hora de pesar os ingredientes ademais de atender a cantidade que traian os paquetes.

Pasámolo moi ben. Velaquí  unha mostra da nosa experiencia.

 

 

Refraneiro meteorolóxico.

Estudando o tema do clima, elaboramos un refraneiro meteorolóxico dos meses do ano. Pedímoslle axuda as familias e investigamos na Internet, Analizamos o significado dos refráns e fixemos un debuxo representativo.

COIDADO E RESPECTO POLO ENTORNO

Dentro das actividades de convivencia, e con motivo da chegada da primavera, realizamos unha plantación de flores de tempada para adecentar e poñer en valor o noso entorno e as nosas instalacións. Coidar e respectar o centro educativo, así como aprezar as distintas manifestacións da natureza, neste caso a floración na primavera, antóllasenos como parte importante na mellora da convivencia. Todas as etapas participaron nesta actividade

 

  

 

Artigos recentes

Contratos-Programa. Contido de proba hai 6 anos 30 semanas
Enquisas hai 6 anos 29 semanas
Tous les mêmes - Stromae hai 6 anos 28 semanas
Sommeil. Stromae hai 6 anos 28 semanas
ESCRITURA CREATIVA hai 6 anos 27 semanas

uid){ print l($user->name,'user/'.$user->uid); print " | "; print l(t('Logout'),'logout'); } else{ $options = array(); $options['query'] = drupal_get_destination(); print l(t('Login'),'user/login', $options); if(variable_get('user_register',FALSE)){ print " | "; print l(t('Register'),'user/register'); } } ?>