Maio 2015

A matemática dende un punto de vista artístico

O alumnado de 1º de ESO realizou  diferentes poliedros en cartolinas de cores como primeira achega ao concepto  de volume. Está relacionado  co tema de cálculo de superficies planas  abordado xa na materia de Matemáticas ao longo do segundo trimestre e introduce contidos para o cálculo de volumes que logo en segundo de ESO afianzarán na mencionada materia.


Cada alumno recibiu unha fotocopia con diferentes modelos que lles serviu de plantilla para realizar o traballo final. Deste xeito, o alumnado pudo comprobar como conseguir a terceira dimensión a partir do plegado dunha superficie plana e avanzou a posibilidade de abordar contidos relacionados coa Xeometría en arte e a súa importancia en diferentes manifestacións e movementos artístico,  así como expoñer conceptos máis concretos sobre a escultura e a arquitectura.








 

Estudamos o tempo

 O alumnado de 1º ESO, baixo a coordinación do profesor de CCNN, Manuel Fuentes, fixeron unha ampla labor de recollida e tratamento de datos, ao longo de  todo o curso. Para iso, puxeron en marcha a estación meteorolóxica e día a día foron recollendo os datos, facendo a lectura dos mesmos e elaborando toda unha serie de gráficas; sobre a pluviosidade, velocidade do vento, humidade do aire, presión atmosférica, temperaturas máximas e mínimas,....


Todo o centro pudo visionar este traballo porque ademais puxeron en marcha un taboleiro onde ían deixando expostas as gráficas. 


A verdade é que se convertiron nuns auténticos meteorólogos!


Aí queda unha pequena mostra do seu traballo












 

Traballando a xeometría

O alumnado de 2º ESO, aplicando as nocións de Xeometría, convertíronse en verdadeiros remodeladores e calcularon un presuposto de adecuación dun piso. Foi un proxecto colaborativo, no que fixeron uso das TIC e que desenvolveron moi satsfactoriamente.


 


Acróstico de Kandinsky.

A semana pasada na durante a hora do proxecto lector estivemos aprendendo o que era un acróstico, lemos varios e explicamos como tiñamos que facer se queríamos escribir un. Despois de facer algunha proba en parellas e de maneira individual coas letras do noso nome, chegou a tarefa de escribir un acróstico utilizando as letras do nome de Kandinsky. Como este apelido non é español costounos un pouco pensar palabras que empezasen por k ou y por iso estivemos utilizando o diccionario.

Escribimos a nosa autobiografía.

Na aula de 3ºA seguimos traballando con Kandinsky.

Seguindo a súa biografía e as cousas que aprendimos sobre unha biografía esta semana escribimos a nosa autobiografía. Velaí tendes algúns exemplos:

Papeleiras de reciclaxe

Ó longo destes últimos meses todas as aulas do CPI Cernadas de Castro, dirixidas polos seus titores e titoras, ademais da aula  da nosa especialista de Pedagoxía Terapéutica de Primaria emplearonse a fondo en deseñar e construír a súa propia papeleira de reciclaxe. E menudos artistas están feitos! A semana pasada podemos disfrutar dunha exposición que deixou a máis dun coa boca aberta.

Aí vos deixamos unhas fotiños de recordo 

ENTREVISTA A LAURA, A NOSA COCIÑEIRA.

Depois de traballarmos os oficios na materia de Coñecemento do Medio, o alumnado de 1º B elaborou unha entrevista para facerlle á cociñeira do noso centro, Laura. Primeiro aprendemos a estrutura deste xénero xornalístico e logo, unha vez que o tivemos claro, eliximos dous compañeiros que se achegaron ata a cociña para falar coa persoa que cada día nos impresiona cos seus marabillosos pratos. Mirade o vídeo e observade o noso traballo.

Traballamos co Tangram.

Esta semana na clase de matemáticas estivemos traballando co Tangram.

A Kandinsky gústaballe moito pintar cadros xeométricos e nos utilizamos o Tangram para formar figuras xeométricas.

Tivemos que formar triángulos con 2, 3, 4 e 5 pezas. Logo cadrados con 2, 3, 4 e 5 pezas. Por últimos pentágonos con 3, 4 e 5 pezas. 

Buscamos ángulos.

A semana pasada na clase de matemáticas estivemos traballando os ángulos. Sabemos que hai ángulos agudos, outros rectos e outros obtusos.

Nun dos cadros de Kandinsky buscamos todos os ángulos que había e rodeamos de azul os agudos e verde os rectos. Despois, chegamos á conclusión de que non había ningún ángulo obtuso porque non había ángulos máis grandes que o recto.

CREAMOS BANDA DESEÑADA

 
 
 
 En 2º B e 2º C da ESO lemos o libro de Jaureguizar, Amor de Serea, e

Igualdade, Convivencia e Inclusión