Centro plurilingüe e auxiliar de conversa, Plan de mellora da biblioteca, Proxecto de formación no centro, Apadriñamento lector

IMOS COMER FÓRA!

Unha vez máis intentamos que na clase de inglés se empregue a lingua extranxeira coma nunha situación real. Esta vez representamos, en grupos de tres, unha escea cotiadiá nun restaurante: a entrada, a petición da comida e o momento de pagar e irnos. Cada grupo elaborou un guión diferente, engadindo guiños propios e incluímos certos elementos improvisados para darlle un toque máis real e gracioso. 

DEUSES E SERES MITOLÓXICOS DA INDIA

Unha vez máis a nosa auxiliar de convers, Ritu, mostrounos aspectos da súa cultura descoñecidos para nós. Na súa presentación falounos de Lord Ganesha, Lord Hanuman, Nandi, Garuda, Navagunjara e moitos outros. Foi emocionante poder saber que hai mitoloxías e deuses tan fantásticos. A partir deles creamos as nosas propias criaturas imaxinarias, coa axuda dunha ferramenta de IA á que lle dabamos as instrucións escritas co apoio da profe de inglés. No grupo de segundo fixémolo oral e fomos nós os que debuxamos.

Distribuir contenido