Nos documentos adxuntos poden consultar os horarios espello elaborados para o caso de ter que recurrir á docencia non presencial. Contémplanse dous tipos de horarios, un en caso de confinamento total do centro, e outro de confinamento parcial (grupo/aula), no que se mantén o mesmo horario que na docencia presencial, deixando uns minutos entre sesións para a conexión e desconexión do alumnado e profesorado.
Os recursos a empregar para este tipo de docencia serán: plataforma de videoconferencia CISCO WEBEX, aula virtual, mensaxería ABALAR, correos electrónicos, páxina web do centro, vía telefónica, emprego de libros de texto (formato físico ou dixital), fichas específicas e actividades en liña.
En Educación Infantil, seguindo a liña de traballo da modalidade presencial, en caso de confinamento as mestras do ciclo programarán actividades atractivas e multidisciplinares de forma conxunta.
Estas actividades serán propostas abertas e flexibles para que as familias poidan levalas a cabo, na medida das súas posibilidades, no contexto familiar.
Establecerase un contacto fluído coas familias a través da páxina web, aula virtual, correo electrónico, plataforma abalar, …
A través das titorías orientarase ás familias e intentarase resolver todas as dúbidas que lles vaian xurdindo. Para isto empregaremos o teléfono ou as videochamadas, en función das posibilidades das familias.