Skip to Content

ENTRADAS E SAÍDAS ALUMNADO

ORGANIZACIÓN DAS ENTRADAS E DAS SAÍDAS NO CENTRO EDUCATIVO. CURSO 22/23

Estimadas familias, deixamos atrás estes cursos marcados pola pandemia da COVID e comezamos este, con moita ilusión e con modificacións na nosa organización de centro.

As entradas e saídas do noso alumnado realizarase do seguinte xeito:

ENTRADA AO CENTRO EI - EP

O alumnado usuario de transporte escolar seguirá entrando polo portalón grande ao carón da parada dos autobuses.

O alumnado que non faga uso do transporte escolar entrará pola porta pequena do patio ás 9:25 horas. Os alumnos/as de educación infantil poderán entrar acompañados/as.

A custodia deste alumnado será realizada por profesorado de garda.

SAÍDA DO CENTRO EI -EP

O alumnado que non faga uso do comedor escolar  a saída será ás 14:30 horas polo patio. O/A responsable que realice a recollida poderá entrar no patio para facilitar á entrega dos alumnos/as . A saída do alumnado da etapa de Educación Infantil farase ás 14:25 horas.

Durante o mes de setembro non haberá actividades extraescolares, o alumnado que faga uso do comedor escolar pero non do transporte, será recollido ás 15:20 horas pola entrada principal do centro.

Durante o resto do curso, os/as alumnos/as que acudan ás actividades extraescolares e non fagan uso do transporte escolar serán recollidos polo patio ás 16:30. Os responsables poderán entrar no recinto escolar.

Aquel alumnado que non participe en actividades extraescolares será recollido ás 15:20 horas pola entrada principal do centro.

 

ENTRADA AO CENTRO ESO

Todo o alumnado entrará polo portalón grande ao carón da parada dos autobuses a partir das 8:20 horas.

A custodia deste alumnado será realizada polo profesorado de garda.

O alumnado que non faga uso do comedor escolar durante a xornada dos martes, entrará de novo para as sesións de tarde polo portalón grande ás 14:55.

SAÍDA DO CENTRO ESO

Todos os días agás os martes, o alumnado sairá polo portalón grande ao carón da parada dos autobuses ás 14:00 horas.

Os martes, o alumnado que non faga uso do comedor escolar empregará para a saída a porta principal ás 13:10 horas.

A saída ao final da xornada dos martes realizarase para todo o alumnado ás 17:30 horas usando de novo o portalón grande.

<><><>


 
page | by Dr. Radut