![]() |
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO
Desde hoxe está aberto o prazo para participar no fondo solidario de libros de texto e axudas de material escolar para o curso 2022/23.
O modelo impreso da solicitude está a disposición na secretaría. Asemade, premendo no seguinte enlace https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/ poden facer a solicitude electrónica ou descargar o modelo para presentar no centro.
A documentación que acompañará á solicitude é:
- Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno/a e os demais membros da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, ademais, deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.
- Outra documentación que dependerá das particularidades de cada familia que se recolle no Anexo I no apartado DOCUMENTACIÓN QUE SE PRESENTA.
O prazo remata o 22 de xuño.
<><><> |