Skip to Content


 

Moi boas a todo o meu querido alumnado de Francés! Velaquí vos envío o traballo por cursos para a semana do 16 ao 22. Voltarei o luns 23 con máis traballo. Desfrutade da casa.

Bótasevos de menos. Unha aperta virtual!

 

Curso: 1º ESO

Dirixídesvos ao link que atopades a continuación cunha tarefa titulada: Prononciation AN – A

https://www.podcastfrancaisfacile.com/phonetique-2/son-an-prononciation.html Trátase de escoitar, poñer os beizos como indican e repetir.

A continuación, acudides á tarefa: Les numéros de téléphone : exercice

https://www.podcastfrancaisfacile.com/podcast/les-numeros-de-telephone-exercice.html

A idea é, que xa que vimos os números, seguir o ditado tentando tomar nota dos números de teléfono indicados.

Boa práctica e non esquezades comprobar se o fixestes ben!

 

Curso: 2º ESO

Dirixídesvos ao link que atopades a continuación cunha tarefa titulada: Prononciation s z : Exercice de phonétique https://www.podcastfrancaisfacile.com/phonetique-2/prononciation-s-z.html Trátase de escoitar, poñer os beizos como indican e repetir.

A continuación, acudides á tarefa: À la boulangerie (situation 1) https://www.podcastfrancaisfacile.com/dialogue/la-boulangerie-1.html

Por favor, tomádevos en serio estas prácticas e autocorrixídevos sen trampa. As respostas aparecen nun despregable!

 

Curso: 3º ESO

Dirixídesvos ao link que atopades a continuación cunha tarefa titulada: Le E final.Trátase de escoitar, poñer os beizos como indican e repetir.

https://www.podcastfrancaisfacile.com/apprendre-a-lire/le-e-final.html

A continuación, co fin de traballar o temario co que andabamos, ides ao link https://www.podcastfrancaisfacile.com/dialogue/accueil-client-47.html cun diálogo que se desenvolve no aeroporto titulado: Accueil client 4/7 – français des affaires. Facedes as tarefas sobre a escoita e autocorrixídesvos. Boa práctica, e recordade, non fagades trampas, que vos coñezo!

 

Curso: 4º ESO

Queridas alumnas miñas de cuarto, quen nos ía a dicir que estariamos dando clase dende a casa! En que situacións nos atopamos ás veces na vida! Ben, pois co fin de seguir coa rutina (por chamarlle algo), velaquí vos envío unha tarefa titulada: Différence entre [on] et [in/ain/ein], que atoparedes no link: https://www.podcastfrancaisfacile.com/podcast/difference-entre-on-in.html

Para seguir traballando co tempo meteorolóxico, facedes a tarefa: Météo (avec PDF)que atopades no link: https://www.podcastfrancaisfacile.com/podcast/meteo-avec-pdf.html e que teredes que autocorrixir despregando as solucións despois de cada quiz.

Boa práctica e espérovos o luns 23 para máis exercicios!

 

 



Moi boas, queridos alumnos e alumnas!

Nesta andaina tan excepcional e nesta situación tan particular na que nos atopamos, non podo máis ca experimentar. Imos pois, poñer en marcha nestres próximos 15 días, que poida que se prolonguen a 30, un tipo de traballo distinto tentando gardar o formato (isto é, conservaremos o caderno e o libro de traballo empregado durante as clases). Todo queda en suspense, pero debemos seguir traballando nos nosos fogares.



NORABOA AO ALUMNADO QUE REMATA A ESO

ANAIR, ALEJANDRO, PAULA, LUCÍA, LARA, EUGENIA, ÁLVARO E MARCOS



NA REUNIÓN DO CONSELLO ESCOLAR CELEBRADA O

MÉRCORES 26 DE ABRIL DE 2017 DECICÍUSE POÑER

EN PRÁCTICA A PROHIBICIÓN DO MÓBIL NO CENTRO

SEGUNDO INDICA A VIXENTE NORMATIVA DE

CONVIVENCIA E O NOSO PLAN DE CONVIVENCIA.

(SÓ SE CONTEMPLA NO SUPOSTO INDICADO NO PLAN

DE CONVIVENCIA)



PREMER NA IMAXE PARA AGRANDAR 



AVISO IMPORTANTE: A ENTREGA DOS BOLETÍNS DE 4º ESO APRÁZASE A O XOVES 29 ÁS 12 HORAS



NOTA SOBRE DATAS LÍMITE IMPORTANTES



FOTOS DOS CLÁSICOS DO CPI PLURILINGÜE CABO DA AREA

NOVEMBRO 2017

   

ABRIL 2017

 

ARRIBA: M. PABLO, MIGUEL, ÁLVARO, ENRIQUE D. e SANTI

ABAIXO: BORJA, KEVIN e ÁNGEL

 

 

ARRIBA: AGUSTÍ, EVA, BREO, PAULA e PABLO

ABAIXO: JUAN e IVÁN

              NOVEMBRO 2016                 

 

FC ALUMN@S - A

MANUEL PABLO, SAMUEL, MIGUEL, SANTI

ÁLVARO e LAURA

 

FC ALUMN@S- B

ADRIÁN SUÁREZ, JUAN, ELOY, RUBÉN, BORJA

ÁNGEL,  ADRIÁN CUNDÍNS

 

PROFESORES UD.

ELÍAS, PAULA, BREOGÁN, JUAN, AGUSTÍN

MONCHO e IVÁN

 

            MAIO 2016            

 

FC ALUMN@S

JUAN, DANIEL, SAMUEL, MARTÍN, SANTI

M. PABLO, ÁLVARO e IVÁN

PROFESORES UD

MANUEL, DANIEL, MONCHO, TYLER

ANDRÉS, JUAN e ELÍAS

  XUÑO 2011  

 

DECEMBRO 2010

DECEMBRO 2009

 

ARRIBA: Javier, Roberto, Juan, Diego S.

ABAIXO: Martín R., Manuel S., Martín P. e  Adrián

Arriba:   Miguel, Juan, Jorge

Abaixo: Fran, Antonio, Fernando e Liso

Distribuir contido


by Dr. Radut