Contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería. Curso 2016/17

Como en cursos anteriores ábrese o proceso para proceder á contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería en centros docentes non universitarios dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Calquer empresa ou persoa que cumpra cos requisitos poderá facer unha oferta para este contrato.

Neste enlace atópase toda a información e documentación relativa a este proceso.

A oferta presentaráse na Secretaría do centro do 2 ao 22 de xuño de 2016 

Fondolibros

Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para alumnado matriculado en primaria, secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/2017

Enlace de acceso á información

Criterios de avaliación e cualificación LOMCE 1º e 3º da ESO curso 2015/16

       
Bioloxía Xeografía e Historia Cultura Clásica Valores éticos

 
   
 
Educación Física  Inglés Física e Química  Francés
       
 Lingua  Castelá  Lingua  Galega  Matemáticas  Música
       
Tecnoloxía   Plástica  Relixión Católica  

Para 2º e 4º da ESO mantemos os criterios do curso pasado.

 

 

 

CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL: Acción de verán 2016.

A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, leva a cabo a promoción e organización de actividades destinadas á xuventude no ámbito do ocio e do tempo libre, para o que oferta unha programación de actividades para o ano 2016.

A información sobre a convocatoria desta campaña atoparase detallada na páxina: Acción de Verán 2016

Para consultar o DOG preme aquí

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2016, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos

No portal da Consellería de cultura, educación e OU atópase toda a información sobre ditas axudas; podedes acceder premendo no seguinte enlace.

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2016/2017

De acordo cos prazos establecidos na disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013, que regula o procedemento de admisión, o próximo 1 de febreiro inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza nun centro de adscrición. 

Toda a información na páxina da Consellería de Cultura, Educación e OU

 

Oferta educativa para o curso 2016/17

Premendo no seginte link podedes ver unha presentación coas características mais salientables da oferta educativa do noso centro para o vindeiro curso.

Distribuir contido