Aviso importante para 5º, 6º Primaria e 1º, 2º da ESO. Curso 20/21

O noso centro participa no proxecto de educación dixital E-dixgal.

Somos parte dos máis de 280.000 alumnos galegos que teñen acceso a unha contorna de aprendizaxe na nube con recursos para desenvolver as competencias dixitais necesarias para o seu futuro profesional.

Para completar a nosa incorporación neste proxecto, no curso 2020/21 estenderase a 6º de Primaria e a 2º da ESO.

Con tal motivo recomendamos que

non se merquen nin libros nin cadernos para 5º, 6º de EP e 1º, 2º da ESO.

O alumnado e o profesorado terá á súa disposición un ordenador portátil, e ten a posibilidade de utilizalo tamén na súa casa, para o que se establecerá o servizo de préstamo do mesmo.

 

En 5º, 6º de EP todas as materias serán E-dixgal e non terán libro de texto en papel.

No caso de 1º e 2º da ESO, non todas as materias son E-dixgal. Cando comecen as clases daranse instrucións precisas sobre que libros tería que mercar cada alumno/a, despois de distribuír as existencias. 

Ligazón ao listado de libros de texto.

Blog do Club de Ciencias

 

Podedes seguir as actividades do club de Ciencias do CPI A Xunqueira neste blogue:

 

 

https://clubdecienciacpiaxunqueira.blogspot.com/

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar curso 2020/20201

PRAZO: Ata o 19 de xuño de 2020

PRESENTACIÓN POR VÍA ELECTRÓNICA 

 

As solicitudes presentaránse preferentemente por vía electrónica empregando a aplicación informática “fondolibros” ((https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia:  certificado dixital ou Chave365.

 

 Tamén se poderá presentar a solicitude presencialmente no centro    CON CITA PREVIA 

 

INSTRUCCIÓNS COMÚNS PARA TODAS AS AXUDAS OU PRÉSTAMO:

  O solicitante é o pai/nai ou titor-a legal do alumno/a (non o propio alumno/a)   

 

Unidade familiar

a 31/12/2018

- Os pais (non separados legalmente) ou titor-a

- Fillos

- Menores de idade non emancipados

- Fillos maiores de idade con discapacidade

- Solteiros menores de 25 anos e que convivan no dimicilio familiar

Non computarán os fillos/as nados despois do 31/12/2018

Computarán por dous os membros da unidade familiar cunha discapacidade igual ou superior ao 33%  a 31/12/2018

Renda per

 cápita

Casillas 435 + 460 da renda do ano 2018

A cantidade resultante dividirase polo nº de membros computables da unidade familiar

En caso de custodia compartida, sumaranse os ingresos dos dous proxenitores.

Aos alumnos/as cunha minusvalía 65% ou en situación de garda e custodia da Xunta de Galicia, non se lles terán en conta os ingresos, adxudicaráselles a axuda máxima que corresponda en cada caso.

Documentación

Anexo II cuberto (sinaturas)

Fotocopia do libro de familia onde figuren todos os membros da unidade familiar

- En caso de ter algunha circunstancia especial deberá xustificarse documentalmente (Separación ou divorcio, defunción dalgún dos proxenitores, violencia de xénero,etc..). Estas situacións terán que producirse antes do 31/12/2018 agás a violencia de xénero.

En caso de separación ou divorcio (antes 31/12/2018): setenza xudicial e convenio regulador

En caso de presentación en papel - Deberá presentarse orixinal e copia da documentación, co fin de verificar a autenticidade da copia.

Prazo

 

Ata o 19 de xuño (tanto de Ed. Primaria como de ESO).

Non haberá outro prazo nin en xullo nin en setembro

Excepto para os alumnos/as que repitan 4º de ESO

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO      (1º EP e 2º EP) 

 Renda < 6.000€ (210€)    Renda entre 6.000 e 10.000€ (140 €)   NEAE e Discapacidade (entre 140 e 275€) 

FONDO SOLIDARIO (Préstamo)    (3º e 4º EP, 3º e 4º ESO)

  • A adxudicación de libros farase por orde inversa á renda per cápita familiar
  • Adxudicación de libros (como mínimo): Renda < 6.000 (6 libros)     Renda Entre 6.000 e 10.000€ (4 libros)
  • No caso de haber libros suficientes adxudicaránselle tamén aos alumnos/as con rendas superiores a 10.000 €
  • Tanto en Educación primaria coma en ESO os libros entregaranse aos alumnos/as cando comecen as clases
  • 5º EP, 6º EP, 1º ESO e 2º ESO non presentan solicitude de préstamo de libros por participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) 

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR      50 € (Todos os cursos de Educación Primaria e ESO)

Para os alumnos/as de Ed. Primaria e ESO (incluidos os dos cursos E-Dixgal) cunha renda per cápita familiar inferior a 6.000.-€. 

Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2020/21, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2019/20.

 

Ligazón a información publicada no portal da Consellería

Ligazón a información para a presentación na Sede Electrónica

Ligazón a información sobre Chave365

Ligazón ao anexo II que debe entregarse asinado

 

MOI IMPORTANTE:

dende o centro chamaremos para concertar cita para a presentación presencial

 

 

Adaptación das programacións didácticas

En aplicación das medidas de contención no ámbito educativo e da formación previstas no Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma sanitaria ocasionada polo COVID-19, a CEUFP publicou as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación  Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Nestas instruccións indícase que compre adaptar as programacións didácticas das ensinanzas que se impartan en cada centro educativo.


Premendo nas seguintes ligazóns accédese aos documentos nos que se recollen ás adaptacións de todas as programacións didácticas:

 

Educación infantil e Primaria

 

Educación Secundaria Obrigatoria

 

Restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

 

Ligazón á aplicación

 

 

Nesta ligazón atoparedes toda a información relativa a este proceso e poderedes cumplimentar on line ou descargar os impresos para realizar a solicitude de admisión en calquer centro sostido con fondos públicos.

Este proceso é exclusivamente para o alumnado de nova incorporación ao centro.

Novos prazos do proceso:

● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación. 

● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020. 

● Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

 

O horario de secretaría será de 09:00 a 13:30

 

Para máis información acceda ao DOG do Mércores, 6 de maio de 2020

 

Programa 'Aprendemos en casa'

 

 

El Ministerio de Educación y FP y RTVE lanzan 'Aprendemos en casa' para facilitar el aprendizaje de todo el alumnado durante la suspensión de clases presenciales

 

NOF

  

Benvida

Benvidos á web do CPI A Xunqueira. Toda a comunidade educativa ten cabida neste proxecto, polo que se queredes participar podedes solicitar o acceso á Directora do Colexio. Esperamos a vosa colaboración.

 

Enlaces ás nosas páxinas

 



Facebook

 

 

 

Inicio do curso 20-21 para a ESO

Segundo recolle o Protocolo de adaptación ao contexto COVID-19 publicado pola Consellería de Educación é moi importante evitar as aglomeracións nas entradas e saídas dos centros escolares. Isto vai a condicionar as entradas e saídas tanto ao longo do curso coma os primeiros días de clase.

Somos conscientes do trastorno que van causar estes cambios, pero son necesarios para que todo se desenvolva con normalidade. O acceso ao centro será sempre pola porta fronte ao pavillón, agás o alumnado transportado.

O alumnado da ESO entrará pola porta que está fronte ao pavillón. Farao seguindo o horario establecido e mantendo a distancia mínima de 1,5 metros. Unha vez na entrada, accederá ao interior do edificio pola porta central (rotulada con Secundaria). O alumnado usuario do transporte escolar subirá á súa aula cando chegur ao centro.

É moi importante a puntualidade nas entradas pois non debe haber cruce de grupos. Se chegades antes, demorade polos arredores pero non cerca do centro.

Material a traer o primeiro día: unha mascarilla posta; un estoxo cunha mascarilla de reposto, un bote de xel hidroalcólico e panos desbotables. Un bolígrafo ou lapis e un caderno para anotacións; unha mochila para os libros de texto que se lles entregarán. Para o recreo (opcional): gorra e auga (non se poden usar as billas para beber)

Os acompañantes do alumnado non poderán acceder ao recinto (consultade as normas para pais/nais/titores publicadas na web do centro).

 

A incorporación do alumnado da ESO será gradual, seguindo esta táboa:

 

CURSO

ENTRADA

SAÍDA

Mércores 23

1º de ESO

08:50

13:45

2º de ESO

09:00

13:45

Xoves 24

1º e 2º de ESO

De 08:30 a 08:45

13:45

3º de ESO

08:50

13:45

Venres 25

1º, 2º  e 3º de ESO

De 08:30 a 08:45

13:45

4º de ESO

08:50

13:45

 

 

 

 

 

Distribuir contido