Skip to Content

IGUALDADE

PLAN DE IGUALDADE

NAIS como REFERENTES STEM

Para conmemorar o día 8 de Marzo  "Día da Muller traballadora "no CPI de Atios, e baixo o lema " TI SI QUE PODES", estiveron 5 nais de alumnas/os do centro, que traballan en ámbitos relacionados coas materias STEAM, para contarlles ao alumnado de 5º e 6º de Primaria, e 1º e 2º da ESO, en qué consiste o seu traballo.

Ao rematar a charla, repartiron pulseras ás nenas co lema "Ti si que podes"

Clica na imaxe para ver o album de fotos

Ex- alumnas STEAM referentes para o alumnado de 3º e 4º da ESO

Ex- alumnas como referentes STEM visitaron o centro para contar a súa experiencia ao alumnado de 3º e 4º da ESO, sobre o seu paso polo centro , polo instituto e agora na Universidade.

Grazas María Pita, Iria Domínguez e Alba Piñeiro

AS NOSAS REFERENTES. Proxecto DNI (Diferentes Na Igualdade)

A MÚSICA é unha forma de expresar os nosos sentimentos e emocións.

Moitas foron as MULLERES que ao longo da historia superon transmitir esas sensacións e sentimentos a través da súa voz e das súas cancións.

Para coñecer a traxectoria dalgunhas destas cantantes contamos coa marabillosa colaboración de Lucía, Mariel e Javier, quenes prepararon un concerto didáctico moi entretido e interesante.

A actividade, parte integrante do proxecto D.N.I., iniciouse coa actuación en directo dunha das nosas antigas alumnas, Emma Patiño, quen interpretou tres cancións acompañada polo alumnado de 3º, 4º 5º e 6º de E.Primaria.

Asemade contamos coa participación de Paula Dopico, Antía Graña e Noelia Vázquez, exalumnas do CPI Atios e exemplos a seguir pola súa implicación co mundo da ciencia, a economía ou o traballo social.

GRAZAS a TODOS os participantes pola vosa COLABORACIÓN INESTIMÁBEL !!!

ALBUM DE FOTOS

Distribuir contido


by Dr. Radut