Saltar navegación.

Publicación de horarios do departamento de Composición

Os horarios das materias do departamento de Composición serán publicados en canto o centro reciba información dos recursos humanos dos que dispón o departamento. 

PUBLICACIÓN DE HORARIOS E LISTADOS DOS GRUPOS DE LINGUAXE MUSICAL E EDUCACIÓN AUDITIVA E VOCAL

Publicación dos horarios e os listados provisionais de Linguaxe musical e Educación auditiva e vocal para os cursos 1º, 2º, 3º e 4º GE e 1º e 2º GP. 

O prazo para solicitar cambio de grupo é desde o 10 de xullo ata o 15 de xullo ás 15 h. 

O día 17 de xullo serán publicados os listados definitivos:

 

 

Ligazón listados provisionais Linguaxe musical

e Educación Aud. e Vocal

 

 

MATRÍCULAS CURSO 2024/25

AS DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25 ESTÁN PUBLICADAS

NO MENÚ DA ESQUERDA: "MATRÍCULA CURSO 2024/25".  

Obras obrigadas Concurso de Solistas 24-25

Pinchando na imaxe podedes coñecer a listaxe de obras obrigadas para o Concurso de Solistas do curso 24-25. Animádevos a participar!!

REVISTA DO CENTRO: FALAMUS Nº 15

Un ano máis o EDLG comprácese en compartir con todos vós un novo número da nosa revista Falamus, e xa van 15!
 
Pinchando na imaxe de abaixo, tedes a vosa disposición a revista do Centro.
 
Moitísimas grazas a todos e todas polas vosas achegas e feliz verán!

GUÍA DO ALUMNADO 23-24

Queda a disposición de todas as familias e alumnado a "Guía do Alumnado - 23-24", documento que resume os aspectos máis relevantes do Centro e que poden ser do voso interese.

Podédelo descargar pinchando na imaxe de abaixo e quedará a vosa disposición na sección de "Alumnado" do bloque da esquerda desta web.

p.23.10.04 - m.23.10.10

Querida Dora, estarás presente sempre na nosa lembranza!

   

     O CMUS Xan Viaño súmase ao pesar polo falecemento de Dorothé Schubarth, a musicóloga e compositora suíza que dá nome a unha das aulas do noso centro.

     A esta buscadora de tesouros musicais gardados na memoria, cando os cantos tradicionais aínda se transmitían nas casas e nas aldeas de xeración en xeración, debémoslle o traballo de gravación, análise, clasificación e estudo, en colaboración co profesor Antón Santamarina, dunha ampla colección de música tradicional galega publicada en sete volumes como Cancioneiro popular galego.

No acto de celebración das Letras Galegas no mes de maio do ano 2017 tivemos a honra de contar con Dora no Xan Viaño, pois acudiu ao noso centro a presentar o seu libro Os cantos do mar.

Achegamos ligazón á web culturagalega.org para quen teña interese en coñecer mellor a súa historia.

 

 

 

   

 

 

Asociacións escolares

O camiño da Asociación Multilateral Ars Europa chega ao seu fin, mais o traballo destes dous anos debe perdurar no recordo e servir de exemplo para experiencias futuras. A continuación: un listado de enlaces aos produtos elaborados.

El camino de la Asociación Multilateral Ars Europa llega a su fin, pero el trabajo de estos dos años debe perdurar en el recuerdo y servir de ejemplo para experiencias futuras. A continuación: un listado de enlaces a los productos elaborados.

The story of Ars Europe Multilateral Partnership comes to an end, but the work of these two years must endure in the memory and set an example for future experiences. Following: a list of links to products.

Project blog:

Distribuir contido