Materias deste Profesor

Redución ao teclado de partituras de distintas formacións vocais e instrumentais de dificultade progresiva, análise de elementos musicais incluídos na partitura e aplicación ao teclado.

Desenvolvemento das habilidades harmónico-contrapuntísticas e adquisición de coñecementos que faciliten a percepción, creación, interpretación, reflexión e documentación musicais. Asimilación das principais teorías da organización musical. Realización de traballos estilísticos e libres. Práctica instrumental. Estudo do repertorio no contexto estilístico.