Estudo da obra musical a partir dos seus materiais construtivos e dos diferentes criterios que interveñen na súa comprensión e valoración. Coñecemento dos diferentes métodos analíticos e a súa interrelación con outras disciplinas. Fundamentos estéticos e estilísticos dos principais compositores/as, escolas e tendencias da creación musical.

Estudo e análise de obras e linguaxes compositivas diversas. Coñecemento de diferentes técnicas compositivas e sistemas de notación. Coñecemento das diferentes características e posibilidades técnicas e expresivas dos instrumentos e das resultantes derivadas da súa combinación. Coñecemento e asimilación dunha ampla gama de recursos creativos a través do traballo en distintos contextos artísticos con formacións vocais e instrumentais diversas.

Esta disciplina formúlase desde a aprendizaxe mediante a práctica. Aprendizaxe que unirá composición e instrumentación, pois por un lado persegue a creación de obras e por outro permite o coñecemento directo dos instrumentos por medio dos/as profesores/as. Composición de diversas obras tanto para formacións camerísticas como ensemble.

Estudo das novas tecnoloxías aplicadas á música. Coñecemento dos recursos técnicos que lle permitan ao alumnado manipular de forma autónoma diferentes ferramentas tecnolóxicas no eido da edición de partituras, da secuenciación musical, microfonía e técnicas de gravación, procesamento e difusión do son. Busca e difusión de contidos a través de redes informáticas.