Materias deste Profesor

Estudio de técnicas de escritura musical de diferentes épocas y su aplicación didáctica en la realización de arreglos y adaptaciones para distintas agrupaciones y combinaciones instrumentales y vocales. La orquesta de vientos en perspectiva popular y didáctica en la música gallega. Composición y arreglos para orquesta de vientos.

Fundamentos de acústica dos instrumentos. Estudo dos instrumentos musicais, a partir dos diferentes enfoques históricos, tanto antropolóxicos como técnicos ou científicos. Coñecemento das clasificacións dos instrumentos máis importantes, atendendo aos criterios dos/as principais tratadistas.

Afondamento no estudo dos elementos e procedementos contrapuntísticos relativos ao sistema tonal, así como anteriores e posteriores ata os nosos días. Realización escrita de traballos estilísticos libres, vocais e instrumentais en diferentes estilos ata a actualidade. Práctica instrumental dos elementos e procedementos estudados.

Desenvolvemento das habilidades harmónico-contrapuntísticas e adquisición de coñecementos que faciliten a percepción, creación, interpretación, reflexión e documentación musicais. Asimilación das principais teorías da organización musical. Realización de traballos estilísticos e libres. Práctica instrumental. Estudo do repertorio no contexto estilístico.

Estudo e análise de obras e linguaxes compositivas diversas. Coñecemento de diferentes técnicas compositivas e sistemas de notación. Coñecemento das diferentes características e posibilidades técnicas e expresivas dos instrumentos e das resultantes derivadas da súa combinación. Coñecemento e asimilación dunha ampla gama de recursos creativos a través do traballo en distintos contextos artísticos con formacións vocais e instrumentais diversas.