Nesta disciplina afondaremos nos seguintes aspectos:

Fundamentos de heurística relativos á busca, definición e localización das fontes da música. Técnicas específicas de estudo e de hermenéutica. Manexo de recursos bibliográficos, ferramentas de consulta e fontes diversas (literarias, musicais, iconográficas, de tradición oral, sonoras, etc.).