Skip to Content

Acceso ao grao profesional

Acceso ao Grao Profesional

Para acceder as ensinanzas de grao profesional de música será requisito imprescindible superar unha proba específica de acceso.

ACCESO AO 1º CURSO DE GRAO PROFESIONAL

Para acceder ao primeiro curso das ensinanzas profesionais de música cumprirá superar unha proba específica de acceso. Mediante esta proba valorarase a madurez, as aptitudes e os coñecementos para cursar con aproveitamento as ensinanzas profesionais de música.

A proba de acceso consistirá en:

a) Interpretación no instrumento da especialidade á que se opte, de tres obras pertencentes a distintos estilos, das cales, como mínimo, unha deberá interpretarse de memoria. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos e cumprirá unha cualificación mínima de cinco puntos para superalo.

b) Exercicio para avaliar a capacidade auditiva do alumnado e os seus coñecementos teóricos e prácticos da linguaxe musical. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e cumprirá unha cualificación mínima de cinco puntos para superalo.

ACCESO A OUTROS CURSOS DE GRAO PROFESIONAL

Poderase acceder a calquera outro curso das ensinanzas profesionais de música sen ter cursado os anteriores sempre que, a través dunha proba, a persoa aspirante demostre posuír os coñecementos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas correspondentes.

A proba de acceso a outros cursos do grao profesional constará de dous exercicios:

a) Interpretación, no instrumento ou coa voz, de tres obras de diferentes estilos, do nivel correspondente ao curso inmediatamente anterior ao que se opte e das cales, como mínimo, unha deberá interpretarse de memoria. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e cumprirá unha cualificación mínima de cinco puntos para superalo.

b) Exercicio teórico-práctico para valorar os coñecementos das materias dos cursos anteriores a que se opte. Este exercicio cualificarase de cero a dez puntos, e cumprirá unha cualificación mínima de cinco puntos para superalo.

CUALIFICACIÓNS DAS PROBAS DE ACCESO

A puntuación definitiva das probas de acceso será a media ponderada da cualificación obtida en ámbolos dous exercicios. Para estes efectos ponderarase o primeiro apartado, a), nun 70 % e o segundo, b), nun 30 %.

A superación da proba de acceso faculta exclusivamente para matricularse no curso académico en que sexa convocada. A admisión está sometida aos principios de igualdade, mérito e capacidade, e supeditada ás cualificacións obtidas nas probas de acceso.

Distribuir contido


by Dr. Radut